lunes, 22 de abril de 2024

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO 24

 Para celebrar o DÍA DO LIBRO (23 de abril) organizamos o II ROTEIRO LITERARIO no que colaborarán as familias e o voluntariado da BIBLIOTECA ESCOLAR (nenos/as de 6º E.P)

 

 

jueves, 18 de abril de 2024

CARREIRA SOLIDARIA 2024

O venres 5 de abril, como motivo de celebración do "DÍA MUNDIAL DA SAÚDE" e en relación no noso PDI.: "AS VIAXES DE RABADÍN POR ÁFRICA" organizamos unha CARREIRA SOLIDARIA para toda a Comunidade Educativa do centro (alumnos/as, profes e familias) en colaboración con SAVE THE CHILDREN. Os fondos recaudados enviáronse a conta de dita ONG para paliar a FAME EN ÁFRICA.


                 GRAZAS AS FAMILIAS POR PARTICIPAR!



jueves, 21 de marzo de 2024

OBRADOIROS CREATIVOS - ACTIVIDADES STEAM - POLOS CREATIVOS

 Creación dunha maqueta do APARATO DIXESTIVO polos nenos/as de 6°E.P👋



Os nenos/as de 1° e 2° de E.P participaron nun obradoiro creativo, onde elaboraron coa axuda das súas mestras, UN POLBO como celebración das festas de San Froilán. Quedoulles xenial!👌❤❤


INVESTIGACIÓN sobre os seres vivos máis lonxevos do noso planeta realizada polos nenos/as de 6°E.P.👌

 

CREATIVIDADE, CONSTRUCIÓN, IMAXINACIÓN, CONCENTRACIÓN, DIVERSIÓN, APRENDIZAXE CREATIVO NO TEMPO DE LECER.




obRADOIROS DE CIENCIAS

A REPRODUCIÓN DAS PLANTAS



REALIZACIÓN DE MAQUETAS SOBRE OS 5 REINOS

Obradoiro realizado polos nenos/as de 3º de E.P


OBRADOIRO DE CIENCIAS REALIZADO POLOS NENOS/AS DE 1º E.P

Os nenos/as de 1º E.P, plantaron sementes de lentellas, millo, fabas, garavanzos..., coidaron e regaron as plantas durante unhas semanas, observando as súas partes e o seu crecemento.

AS PEGADAS NO CAMIÑO

 Charla no Auditorio de Mondoñedo "A NARRATIO XACOBEA" impartida por Alberto Cacharrón Mojón e "OS CAMIÑOS DE SANTIAGO POR LUGO" por Javier Vila.

Entrega de material para realizar o CAMIÑO DE SANTIAGO aos nenos/as de 5° e 6° de E.P aportado polo Xacobeo da Xunta.
 
ETAPAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO:
29/02/24

"LUGO - BACURIN"

BACURÍN - PONTE FERREIRA

 PONTE FERREIRA - VILOURIZ

DÍA DO CÓMIC 2024

 Grandes momentos de entretenemento, información e coñecemento. Na nosa biblioteca contamos cun andel no que os nosos nenos/a poden disfrutar deste xénero que tantos beneficios ten. Destacando o fomento da lectura, a alfabetización visual e a activación do pensamento.


viernes, 8 de marzo de 2024

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Como motivo de celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, organizamos as seguintes actividades:

- Realización de  distintos obradoiros de manualidades o longo desta semana.

- Búsqueda de información sobre mulleres que fixeron historia en África (relacionado con noso PDI.)

- Recomendacións lectoras.

- Dentro do programa "LECTURA E FAMILIAS"  hoxe todos os nenos/as do cole e familias asistentes contaron coa presenza de MARISA IRIMIA e a súa animación "CONTANDO CON MONICREQUES".




 FELIZ DÍA DA MULLER!!

martes, 27 de febrero de 2024

CONCURSO PILABOT - RECICLA CON ENERXÍA

OBRADOIRO EDUCATIVo SOBRE RECICLAXE: PARTICIPACIÓN NO CONCURSO PILABOT

Recollida de pilas por parte de toda a Comunidade Educativa, charla - obradoiro sobre a reciclaxe.



viernes, 23 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Como motivo da celebración do 187º aniversario do nacemento dunha das figuras culturais máis importantes, hoxe homenaxeamos non noso centro a Rosalía de Castro con obradoiros, curtametraxes e a realización dunha Unidade Didáctica para o coñecemento da súa vida e obra. ❤❤❤



martes, 20 de febrero de 2024

PROGRAMA LECTURA E FAMILIAS

 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 

 O vindeiro 8 de marzo de 2024 celébrase O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, e que mellor forma de facelo, que desfrutando toda a Comunidade Educativa dunha sesión de MONICREQUES con MARISA IRIMIA. ANIMÁDEVOS!!!!

 


 

domingo, 11 de febrero de 2024

ENTROIDO 2024

 

O día 9 de febreiro celebramos no cole o ENTROIDO 2024 con moita festa.
Case todos os nenos/as e mestres fumos disfrazados de AFRICANOS/AS, tema do noso PDI traballado este curso. Tamén houbo  disfraces doustras índoles.
Todo o alumnado e profesorado do cole desfilaron, bailamos "MAMÁ ÁFRICA", lemos o testamento e queimamos o MECO cuxo lema foi a FAME.


 
Bo ENTROIDO A TOD@S!🥳🥳🥳🥳🥳