DINAMIZACIÓNS

lunes, 20 de enero de 2020

VISITA AO GADIS





VISITA AO GADIS




O pasado xoves, día 16 de xaneiro, todo o alumnado de infantil xunto cos de 1º e 2º de Primaria fixeron unha saída ao Gadis ubicado no Ceao en Lugo enmarcada dentro do programa ALIMENTES que o grupo Gadisa leva a cabo cos escolares para promover unha alimentación saudable. Durante a visita fixeron un percorrido polos lineales dos produtos relacionados coa alimentación e hixiene. A nutricionista explicoulles a importancia de unha boa alimentación cunha dieta equilibrada xunto coa práctica de exercicio físico e uns hábitos básicos de hixiene para gozar dunha boa saúde.