Rematou un trimestre diferente pero moi especial, e, como todos os anos, non íbamos deixar que o noso alumnado se quedase sen celebrar o NADAL.
Deixámosvos todos os traballos realizados. Esperamos que o disfrutedes moito!!
Rematou un trimestre diferente pero moi especial, e, como todos os anos, non íbamos deixar que o noso alumnado se quedase sen celebrar o NADAL.
Deixámosvos todos os traballos realizados. Esperamos que o disfrutedes moito!!
Como motivo de celebración do 20 ANIVERSARIO DOS BOLECHAS, éstes propúxeronnos participar no seu programa da TVG presentando os nosos traballos relacionados co proxecto:
"As viaxes de Rabadín por Europa"
Os nenos/as que, acolleron con gran ilusión esta proposta fixeron presentacións dos seus traballos e grabacións das súas exposicións. Fixérono realmente xenial.
UN GRAN TRABALLO DE TODOS OS PROFES E ALUMNOS/AS!!
Un curso máis e xa sae á luz o novo calendario ESTIÑO. Este ano está adicado ao RÍO.
Ó noso centro tocoulle debuxar o MEXILLÓN DE RÍO e o debuxo elixido foi o dunha nena de 5º de E. Primaria. NORABOA!
Sabedes por que o calendario se chama Estiño? polos anos 70 un grupo de mestres/as das escolas unitarias da provincia de Lugo empezaron a compartir experiencias, recursos e problemáticas sobre a escola no rural. Así naceu en Lugo o Colectivo Pedagóxico Estiño en 1983.
Na actualidade o seu traballo segue vinculado ao estudo dos distintos aspectos da Cultura Galega, polo seu valor e a súa supervivencia.
Os calendarios póñense á venda e o diñeiro recaudado destínase a financiar proxectos.
NORABOA A TOD@S!!
O día 3 de decembro conmmemoramos no noso centro "O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE". Toda a Comunidade Educativa (persoal docente, non docente, nenos/as e por suposto, a colaboración das familias) sumouse á proposta:
"TOD@S BAIXO O MESMO PARAUGAS",
para que a sociedade teña en conta os dereitos e o benestar destas persoas en todos os seus ámbitos e concenciar do mesmo xeito, da súa situación en todos os aspectos da vida.
Foi unha xornada de reflexión e concienciación na que intentamos facer ver que a discapacidade forma parte da condición humana, e que tod@s nalgún momento das nosas vidas, a podemos experimentar de forma temporal ou permanente. Por iso con esta celebración, queremos que se garantice a integración e a igualdade destas persoas.
Deixámosvos un vídeo con traballo realizado.
GRAZAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN!