"Eu son inspectora urbanística. Coida do territorio, coida do teu"
DINAMIZACIÓNS
viernes, 11 de marzo de 2022
PROXECTO TERRA
SEMANA DA PRENSA 22
O longo desta semana (7 - 11 abril) co gallo da Semana da prensa con moitas actividades a nivel de aula.
Todo o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria recibiron un xornal ´"El Progreso" coa colaboración desta entidade e o Concello de Rábade para traballar distintos tipos de noticias.
Eliximos diversas seccións habituais do xornal: Primeira páxina, A Fondo, Galicia, España, Internacional, Economía, Sociedade, Cultura, Deportes, Pasatempos, TV, Última páxina...
En Educación Infantil os nenos/as de 4 anos fixeron unha colaxe "HOXE SOMOS XORNALISTAS" e en Educación Primaria leron e buscaron noticias relacionadas coa actualidade no noso país e no continente americano tanto no xornal como a nivel dixital. Buscaron todo tipo de xornais de todo o mundo... Proxecto no que estamos a traballar este ano "Rabadín viaxa por América".
miércoles, 9 de marzo de 2022
CONCERTO DE PAKOLAS: "ROCKENDO CON RAMONA A ÓRBITA, A DONA DO TEMPO"
Hoxe no noso cole, todos os nenos/as de Educación Infantil e Educación Primaria tiveron a sorte de desfrutar da actuación de Paco Cerdeira, onde presentou o seu último librodisco: "Rockeando con Ramona a órbita, a dona do tempo".
Grazas o Concello de Rábade por esta proposta tan xenial e divertida.
martes, 8 de marzo de 2022
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8 MARZO 2022)
Como cada 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller con distintas actividades, para recoñecer a súa tenacidade, o seu empoderamento, a súa labor en distintos campos, a capacidade de sensibilizar e de ser un exemplo de valentía en todo o mundo.
💓