DINAMIZACIÓNS

sábado, 29 de octubre de 2022

SAMAÍN E HALLOWEEN 2022

O equipo de biblioteca xunto coa mestra de Lingua Extranxeira organizamos varias dinamizacións para celebrar no noso centro, o "SAMAÍN E HALLOWEEN" ( semana do 24 ó 28 de outubro) con exposición e concurso de cabazas, lecturas terroríficas por parte das familias e do alumnado de 6º de Educación Primaria, decoracións de aulas, pócema, obradoiros: pintacaras, disfraces de morcegos en E. Infantil, sesións de cine, Lapbook de receitas terroríficas e menú de Samaín.
O venres 28 culminou esta festa entregando os diplomas a todos os nenos/as participantes na exposición de cabazas e os agasallos ás 4 cabazas máis orixinais. Unha xornada moi especial e chea de ilusión por parte de toda a Comunidade Educativa.






ITINERARIO HALLOWEEN - SAMAÍN 2022




 
GUÍA DE LECTURAS TERRORÍFICAS


   

TODO O BO COMEZA CUN POUCO DE MEDO!🧛


jueves, 20 de octubre de 2022

PLAN DIRECTOR DE CONVIVENCIA ESCOLAR 22/23

 O día 20 de outubro de 2022 asistiu ó noso cole Héctor Méndez (Psicógolo e coordinador da Garda Civil) para impartir unha charla sobre "ACOSO ESCOLAR"  ós nenos/as de 5° e 6° de Edu. Primaria. Incluída no Plan Director de Convivencia Escolar.

                                                  


O día 26 de Outubro, levouse a cabo unha charla sobre "IGUALDADE" impartida por Héctor Méndez (Psicólogo e coordinador da Garda Ci
vil) ao alumnado de 5º e 6º de E.P.  Dinamización incluída no Plan Director de Convivencia Esc
olar.



Hoxe visitáronnos os Gardas Civís Ramón Peña, Héctor Méndez Fernández e o Garda Civil de Tráfico J. Ramón López Iglesias para impartir unha charla sobre "VIDEOXOGOS e SEGURIDADE VIARIA" ós nenos/as de 5° e 6° de Educación Primaria.  Dinamización incluída no Plan Director de Convivencia Escolar.
 
                                    Puede ser una imagen de 21 personas y personas de pie

Charla ós nenos/as de 5° e 6° de E.P impartida polo Garda Civil Ramón Peña sobre a adicción ós videoxogos. Moi interesante (12/01/23)




Charla sobre PREVENCIÓN , INCENDIOS FORESTALES, TICs e CIVERSEGURIDADE, incluída no PLAN DIRECTOR DE CONVIVENCIA e impartida pola GARDA CIVIL ós nenos/as de 5º e 6º de Educación Primaria. (15/02/23)


 


miércoles, 19 de octubre de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2022

Como motivo de celebración do día DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2022, o luns 24 de outubro, faremos entrega das mochilas viaxeiras a cada un dos cursos de Educación Infantil e Educación Primaria.

Asemade, a todos aqueles nenos/as de nova incorporación daráselles unha mochila para levar os libros de préstamo.

Esperamos que o material correspondente a cada mochila en cada curso sexa de goce e desfrute para as familias.





LER E XOGAR EN FAMILIA ÚNENOS!!!! ÁNIMO

domingo, 9 de octubre de 2022

"COIDANDO AS AVES AMIGAS"

 O venres día 7 de outubro, os nenos/as de 5º e 6º curso de E.P, participaron no obradoiro "Coidando as aves amigas" impartido pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) onde lles ensinaron a facer hoteis de insectos para favorecer a chegada de especies polinizadoras.


 

 Grazas a ANPA por esta proposta tan dinamizadora!

👋👋👋😊😊😊


sábado, 1 de octubre de 2022

GUÍA FORMACIÓN DE USUARIOS - CURSO 22 - 23

Estimadas familias:


O luns día 3 de outubro  a  nosa bilblioteca estará aberta de novo a toda a Comunidade Educativa para o seu uso e desfrute. 👋👋