DINAMIZACIÓNS

lunes, 22 de mayo de 2023

NAVEGANDO CON RUMBO

 Hoxe, 18 de maio, os nenos/as de 5° e 6° de E.P asistiron a unha charla para o fomento do uso seguro de Internet. Esta charla inclúese no Programa "Navegando con Rumbo". Unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática en Galicia.

NAVEGANDO CON RUMBO

 

miércoles, 17 de mayo de 2023

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2023

 O Xoves, día 11 de maio, pola mañá,  Lois Pérez, autor do libro "A GRUTA DA TORRE" visitou os nenos/as de 5º curso de E.P para falar sobre esta obra que tanto lles gustou a tod@s.  Ás 16:30, contamos co concerto de César Freiría "ÇE ORQUESTRA PANTASMA" incluído no programa "LECTURA E FAMILIAS" e co cal  disfrutamos toda a Comunidade Educativa. Asemade, tamén  traballamos o autor homenaxeado nas aulas con distintas actividades: recursos interactivos sobre o escritor, búsqueda de información e investigación sobre a biografía do escritor, as súas obras... Os nenos/as de Educación Infantil organizaron un obradoiro de manualidades sobre instrumentos musicais "A gaita! 



FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

jueves, 11 de mayo de 2023

VISITA DO ESCRITOR LOIS PÉREZ

 Hoxe os nenos/as de 5° E.P tiveron un encontro con Lois Pérez, o escritor do libro "A GRUTA DA TORRE", unha visita moi especial onde lle preguntaron de primeira man inquedanzas sobre a historia contada neste libro. Moitas grazas Lois!

 


                   TOTALMENTE RECOMENDABLE!

martes, 2 de mayo de 2023

SEMANA DO LIBRO 2023

 Para celebrar a SEMANA DO LIBRO, todos os nenos/as do noso cole realizaron un obradoiro de manualidades, onde decoraron os seus propios Marcapáxinas. Asemade, aproveitando  o bo tempo e os espazos verdes do noso centro, organizáronse CONTACONTOS para os nenos/as de Ed. Infantil e 1° ciclo de Ed. Primaria ó aire libre.




                        LER É SOÑAR!