DINAMIZACIÓNS

lunes, 5 de junio de 2023

POR QUE TEMOS EMBIGO?

 Charla impartida por dúas matronas ós nenos/as de 1º e 2º de Educación Primaria sobre a concepción do embarazo. Moitas grazas a ANPA 😊😊

                        TODO UN ÉXITO!


DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 2023

 Hoxe, día 5 de xuño, celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente cunha recollida de lixo nos espazos verdes do centro e cun obradoiro de RECICLAXE no que participaron todos os nenos/as de Educación Infantil e Educación Primaria. "SIN CONTAMINACIÓN POR PLÁSTICOS".


 👏👏👏👏

EXCURSIÓNS FIN DE CURSO 2023

 CAMPING FIEITÁS - O GROVE

 Todo o alumnado de 5º de E.P, asistiron os días 23, 24 e 25 de maio o Grove, para realizar distintas actividades:

- Visita ó Acuario

- Visita en barco as Bateas de mexilóns e degustación dos mesmos.

-Camping Fieitás: actividades ó aire libre.


- Os nenos/as de Educación infantil, o día29 de maio, Viaxaron  a NEDA,   a GRANXA ESCOLA DE BELELLE, onde regresaron cos seus boliños de pan entre outras moitas actividades.



OS MAIOS 2023

 O día 31 de maio, celebramos toda a Comunidade Educativa  OS MAIOS. Toda a Comunidade Educativa asistiu vestida de branco e con coronas de flores, asemade, colocaron no maio diferentes tipos de flores e plantas silvestres; recitaron e cantaron cantigas dos maios.