1. CONCERTO DIDÁCTICO da Escola de Música Municipal para os nenos/as de E. Infantil.
2. VISITA Ó MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
1. CONCERTO DIDÁCTICO da Escola de Música Municipal para os nenos/as de E. Infantil.
ITINERARIO SEMANA SAMAÍN /HALLOWEEN 24
O xoves, 24 de outubro, celebramos o día das Bibliotecas Escolares no noso centro. Un día especial para os nenos/as de Infantil 3 anos, xa que se encontraron ca nosa mascota "Rabadín". Presentáronse as mochilas viaxeiras a cada un dos cursos de E. Infantil e Educación Primaria e fíxose entrega das mochilas de préstamo os nenos/as de 3 anos e os de nova incorporación. As mochilas viaxeiras comezarán a visitar os fogares a partir do luns 28 de outubro. Asemade, realizáronse sesións de contacontos para todos eles.
1. CHARLA IMPARTIDA POLA GARDA CIVIL SOBRE O ACOSO ESCOLAR ÓS NENOS/AS DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. PLAN DE CONVIVENCIA
Chegou xuño e con este mes damos por rematado todos os traballos realizados en relación co noso P.D.I. AS VIAXES DE RABADÍN POR ÁFRICA. Deixámosvos este vídeo cun resumo de todas as actividades feitas por parte de toda a Comunidade Educativa.
OBRADOIRO DE HENNA IMPARTIDO POLA NAI DE YASMINE A EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA.
Creación dunha maqueta do APARATO DIXESTIVO polos nenos/as de 6°E.P👋
Os nenos/as de 1° e 2° de E.P participaron nun obradoiro creativo, onde elaboraron coa axuda das súas mestras, UN POLBO como celebración das festas de San Froilán. Quedoulles xenial!👌❤❤
INVESTIGACIÓN sobre os seres vivos máis lonxevos do noso planeta realizada polos nenos/as de 6°E.P.👌
CREATIVIDADE, CONSTRUCIÓN, IMAXINACIÓN, CONCENTRACIÓN, DIVERSIÓN, APRENDIZAXE CREATIVO NO TEMPO DE LECER.
obRADOIROS DE CIENCIAS
A REPRODUCIÓN DAS PLANTAS
REALIZACIÓN DE MAQUETAS SOBRE OS 5 REINOS
Os nenos/as de 1º E.P, plantaron sementes de lentellas, millo, fabas, garavanzos..., coidaron e regaron as plantas durante unhas semanas, observando as súas partes e o seu crecemento.
Celebración DAS LETRAS GALEGAS 2024 no noso cole, cun obradoiro de IMPRESIÓN 3D, (marcapáxinas L.G.24), actividades interactivas sobre a homenaxeada LUISA VILLALTA e coa participación da escritora e ilustradora ESTEFANÍA PADULLÉS incluída no programa LECTURA E FAMILIAS.
GRAZAS!!!
Ola familias! o vindeiro 16 de maio, como motivo de celebración do "DÍA DAS LETRAS GALEGAS" contaremos coa presenza da ilustradora ESTEFANÍA PADULLÉS. 3 sesións cheas de diversión, emocións e aventura. ANIMÁDEVOS!!😉😉😉
Para celebrar o DÍA DO LIBRO (23 de abril) organizamos o II ROTEIRO LITERARIO no que colaborarán as familias e o voluntariado da BIBLIOTECA ESCOLAR (nenos/as de 6º E.P)
Unha experiencia que espertou moita ilusión por parte dos nenos/as do cole. Moitas grazas as familias pola vosa colaboración!
O venres 5 de abril, como motivo de celebración do "DÍA MUNDIAL DA SAÚDE" e en relación no noso PDI.: "AS VIAXES DE RABADÍN POR ÁFRICA" organizamos unha CARREIRA SOLIDARIA para toda a Comunidade Educativa do centro (alumnos/as, profes e familias) en colaboración con SAVE THE CHILDREN. Os fondos recaudados enviáronse a conta de dita ONG para paliar a FAME EN ÁFRICA.
Charla no Auditorio de Mondoñedo "A NARRATIO XACOBEA" impartida por Alberto Cacharrón Mojón e "OS CAMIÑOS DE SANTIAGO POR LUGO" por Javier Vila.
Grandes momentos de entretenemento, información e coñecemento. Na nosa biblioteca contamos cun andel no que os nosos nenos/a poden disfrutar deste xénero que tantos beneficios ten. Destacando o fomento da lectura, a alfabetización visual e a activación do pensamento.
Como motivo de celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, organizamos as seguintes actividades:
- Realización de distintos obradoiros de manualidades o longo desta semana.
- Búsqueda de información sobre mulleres que fixeron historia en África (relacionado con noso PDI.)
- Recomendacións lectoras.
- Dentro do programa "LECTURA E FAMILIAS" hoxe todos os nenos/as do cole e familias asistentes contaron coa presenza de MARISA IRIMIA e a súa animación "CONTANDO CON MONICREQUES".
OBRADOIRO EDUCATIVo SOBRE RECICLAXE: PARTICIPACIÓN NO CONCURSO PILABOT
Recollida de pilas por parte de toda a Comunidade Educativa, charla - obradoiro sobre a reciclaxe.
Como motivo da celebración do 187º aniversario do nacemento dunha das figuras culturais máis importantes, hoxe homenaxeamos non noso centro a Rosalía de Castro con obradoiros, curtametraxes e a realización dunha Unidade Didáctica para o coñecemento da súa vida e obra.
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O vindeiro 8 de marzo de 2024 celébrase O DÍA INTERNACIONAL DA
MULLER, e que mellor forma de facelo, que desfrutando toda a Comunidade
Educativa dunha sesión de MONICREQUES con MARISA IRIMIA. ANIMÁDEVOS!!!!
Nenos/as de 4°, 5° e 6° de E.P desprazáronse ó Auditorio Gustavo Freire de Lugo para disfrutar dunha obra de teatro en Inglés titulada "HELP". Actividade programada por AFUNDACION
Nenos/as de 3° e 4° de E.P desprazáronse ó Auditorio Gustavo Freire de Lugo para disfrutar dunha proposta escénica sobre o autismo, titulada "HUGO" ". Actividade programada por AFUNDACION.
O día 22 de maio, os nenos/as de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria xunto coas súas titoras e a coidadora visitaron o mercado local de Rábade. Mercaron produtos da tempada para plantar no seu horto. Repetiremos!
Os
nenos/as do noso cole disfrutan de MERENDAS SAUDABLES no tempo de lecer
grazas ó PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS E LÁCTEOS. FOGGA
PDI.: "AS VIAXES DE RABADÍN POR ÁFRICA"