Para celebrar o Día da Diversidade, dende a biblioteca organizamos un obradoiro creativo de "PARCHES PIRATAS" para todos os nenos/as do centro, que serviu para reflexionar sobre as distintas maneiras de percibir o mundo e fomentar a empatía.
Por outra banda, os nenos/as de 5º e 6º realizaron un obradoiro con COGAMI Lugo, entidade que traballa pola inclusión das persoas con discapacidade.💜
