DINAMIZACIÓNS

▼

miércoles, 25 de noviembre de 2026

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2026

 "OBRADOIRO DE LAZOS VIOLETAS"

Co motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o 25 de novembro, dende a biblioteca, organizouse un obradoiro de elaboración de LAZOS VIOLETAS  dirixido  a todo o alumnado de Educación Infantil e  Educación Primaria e a toda a Comunidade Educativa. 

A través desta actividade, os nenos e nenas  expresaron o seu compromiso coa igualdade, o respeto e o bo trato, ao mesmo tempo que coñeceron o significado do lazo violeta como símbolo de rexeitamento á violencia de xénero. Mediante unha proposta creativa e participativa, pretendemos  fomentar valores como a empatía, a convivencia e a resolución pacífica de conflitos, contribuíndo a construír unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de violencia.💜💜💜






sábado, 14 de noviembre de 2026

MAGOSTO 2026

 O día 13 de novembro celebramos o MAGOSTO con degustación de castañas asadas e chocolate, xogos populares e tradicionais e concurso de cucuruchos decorados por todos os nenos/as de E.I e E.P.