sábado, 30 de enero de 2021

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

 O día 29 de Xaneiro de 2021 celebramos no noso centro o día da Paz e da non Violencia, coa participación de todos os nenos/as e coa colaboración de todo o profesorado.

Realizáronse actividades creativas  relacionadas con dita conmemoración: cancións sobre a Paz do libro "Imagine", la vacuna de la paz, murais, un obradoiro de chapas  e manualidades relacionadas co tema.

Unha semana cargada de actividades que rematou o venres coa entrega das chapas realizadas por eles mesmos e visionados de curtametraxes sobre o por que da conmemoración deste día.








Esperamos celebrar a PAZ todos os días das nosas vidas, e para iso, deberemos loitar para que así sexa.

 " La paz comienza con una sonrisa" (Madre Teresa de Calcuta)


ÁNIMO RAPACES! ESTÁDELO FACENDO XENIAL!!

martes, 26 de enero de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

 O 25 de xaneiro celebrouse o DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN, unha data proclamada pola ONU co obxectivo de alcanzar unha EDUCACIÓN EN CALIDADE por e para tod@s.

No noso centro, coa proposta dos Equipos de Biblioteca, Actividades Extraescolares e Dinamización da Lingua Galega quixemos que os nenos/as fosen partícipes desta conmemoración tan importante para tod@s. 

Cada neno/a escribiu nunha folla de árbore,  unha das tantas palabras relacionadas coa Educación e con todas elas conseguimos unha árbore  de folla perenne xa que a Educación debe ser así, nunca debe de esvaecer.





LOITEMOS POR UNHA EDUCACIÓN DE CALIDADE PARA TOD@S!!


miércoles, 20 de enero de 2021

HORA DE LER

 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NESTA AVENTURA!

OS NENOS/AS DE 1º E.P ANÍMANVOS A LER!


LER É SOÑAR, IMAXINAR, CREAR E COÑECER O MUNDO PÁXINA A PÁXINA.  NON VOLO PERDADES!!!


 7


ATREVÉDESVOS???

martes, 19 de enero de 2021

OS NENOS/AS DE 6º CONVÍRTENSE EN VERDADEIROS "BOOKTUBERS" DA CRÍTICA LITERARIA

Con este proxecto o que pretendemos e que todos os nenos/as  de 6º curso fomenten o gusto pola lectura dunha forma diferente,  creativa e orixinal, que saiban elexir os seus propios libros,  aqueles que sexan do seu  agrado, que desfruten lendo e ao mesmo tempo que adquiran novos coñecementos.

Despois de ler os libros escollidos por cada un deles,  grabámolos  Individualmente  co  libro físico  explicando os elementos básicos da lectura e  argumentando en primeira persoa  por que lles gustou e  a quen o  recomendarían

Esta argumentación e recomendación tan persoal demostra que os nenos/as experimentan unha aprendizaxe significativa.
Desta forma tan creativa e divertida queremos animar ó resto do alumnado a ler moito xa que é unha fonte de aprendizaxe e sabiduría.

Aquí vos deixamos as recomendacións dos novos BOOKTUBERS! Esperamos que o desfrutedes.






ANIMÁDEVOS A LER, A BUSCAR INFORMACIÓN, A INVESTIGAR, A INNOVAR... NÓS ESTAREMOS AO VOSO CARÓN PARA AXUDARVOS  A CONSEGUIR O VOSO OBXECTIVO! SODES UNS ARTISTAS!

NORABOA RAPACES!!!

PROGRAMA DE LEITE NA ESCOLA

 

O luns, 18 de xaneiro, comezamos no CEIP Otero Pedrayo, 

O PROGRAMA DE LEITE NA ESCOLA,

no que durante semanas o alumnado do centro poderá tomar leite no recreo.

O programa non ten custo ningún para os centros educativos nin para as familias pois está financiado pola Consellería de Medio Rural  a través do FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria).

A través deste programa intentaremos transmitir ó alumnado a importancia do leite para unha dieta equilibrada, pois o leite é unha excelente fonte de vitaminas e nutrientes que axudan ó crecemento dos nenos e aporta a dose recomendada de calcio diaria para manter ósos e dentes fortes.




ANIMÁDEVOS A TOMAR LEITE! TEN MOITOS BENEFICIOS...