jueves, 25 de noviembre de 2021

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 25N

Hoxe no noso centro culminamos a celebración do   DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO  con varios obradoiros realizados xa ó longo desta semana.

- Obradoiro de chapas. 
- Obradoiro de mans contra a Violencia de Xénero.
- Grabación da canción "Sin ella" de Andy&Lucas cantada polos nenos/as de 5º e 6º de Educación Primaria.
- Lecturas sobre dita temática.
Todos estes actos están incluídos nun dos obxectivos da Axenda 2030 (OBXECTIVO 5)


https://www.youtube.com/watch?v=8MFhczpIrdE






Esperamos que desfrutedes vendo os traballos dos vosos fill@s!

miércoles, 24 de noviembre de 2021

A IGUALDADE A TRAVÉS DA MÚSICA

 Actividade sobre "A IGUALDADE A TRAVÉS DA MÚSICA" organizada pola ANPA para os nenos/as de 5° e 6° de Primaria e impartida por Branca Villares.

Secretaría Xeral de Igualdade e o Ministerio de Igualdade 👏👏👏😍



sábado, 20 de noviembre de 2021

BIBLIOTECA CREATIVA

BIBLIOPEDRAIUS, a biblio do noso cole, foi seleccionada como centro de nova incorporación  ao PROGRAMA: BIBLIOTECA CREATIVA 👏👏👏👏👏👏😍😍😍😍

Seguiremos traballando 💪💪💪

Clic na imaxe para ver toda a información:









viernes, 19 de noviembre de 2021

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

 Hoxe, no noso cole, celebramos un ano máis, o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA, poñendo en valor os dereitos da Infancia, recollidos na Convención sobre os Dereitos do neno/a en todo o mundo e  conéctandoos  cos Obxectivos da  AXENDA 2030  (ODS).

Pensamos que supón unha oportunidade magnífica para dar a coñecer o todos os nenos/as  a importancia do seu papel proactivo na transformación do mundo e a consecución destes obxectivos.

Asemade, é moi importante recordar  á cidadanía que os nenos/as son o colectivo máis vulnerable,  os que máis sufren as crises e os problemas do mundo e por iso debemos continuar traballando e loitando para que teñan un futuro mellor.

 A Voz de Galicia, agasallou ó alumnado de 6º de Educación Primaria cunha camiseta na que tamén colaborou Sargadelos polo día dos dereitos dos nenos/as.
























sábado, 13 de noviembre de 2021

APRENDEMOS CONSTRUÍNDO

 Os nenos/as de 2° E. P alcanzaron o seu obxectivo: contruír unha maqueta da Torre Eiffel. Un traballo moi beneficioso: mellora a concentración, fomenta as habilidades manuais e a imaxinación, aumenta a autestima...  👏👏👏👏👏



viernes, 12 de noviembre de 2021

MAGOSTO - DÍA DO PEÓN 2021

 O día 11 de novembro, día de  San Martiño, celebramos no noso cole o día do PEÓN onde todos os nenos/as de Educación Primaria mostraron moita habilidade e axilidade facendo bailar o mesmo de moitas formas. Uns verdadeiros artistas!

A continuación, despois de tanto malabarismo, festexamos o típico MAGOSTO con degustación de castañas asadas. Que boas estaban!




A SEGUIR PRACTICANDO RAPACES/AS!





viernes, 5 de noviembre de 2021

SAMAÍN 2021

 Os nenos/as de 5º de Educación Infantil, coa organización e colaboración da súa profe, dramatizaron o conto de 

"CORRE CORRE CABACIÑA"


 

FOI TODO UN ÉXITO!😚

miércoles, 3 de noviembre de 2021

MAGOSTO - DÍA DO PEÓN - XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

 


ESPAZO MAKER NO TEMPO DE LECER

 




  • Buscan información, constrúen, crean, pintan, len, pensan, fomentan a memoria, a intelixencia, as habilidades manuais, a concentración, melloran a autoestima, traballo colaborativo, a responsabilidade, respeto … é decir, aprenden creando…




lunes, 1 de noviembre de 2021

CHARLAS PLAN DIRECTOR

 

ADICCIÓN AOS VIDEOXOGOS

Charla impartida por Ramón Peña ó alumado de 5° e 6° de E. P e incluída no Plan Director. 



ACOSO ESCOLAR

Charla co alumnado de 5° e 6° de E. Primaria sobre o ACOSO ESCOLAR impartida por Héctor Méndez, Psicólogo e coordinador da Garda Civil para o Acoso Escolar nos centros educativos. Plan director. 



SECTOR FORESTAL

Charla sobre SECTOR  FORESTAL ao alumnado de 4° e 5° de Educacion Primaria. 



VIOLENCIA DE XÉNERO

Charla co alumnado de 5° e 6° de E. Primaria sobre a VIOLENCIA DE XÉNERO impartida por Héctor Méndez, Psicólogo e coordinador da Garda Civil. Plan director.