viernes, 11 de marzo de 2022

PROXECTO TERRA

 "Eu son inspectora urbanística. Coida do territorio, coida do teu"

Actividade organizada pola Consellería de Medioambiente e o Colexio oficial de Arquitectos de Galicia dentro do Proxecto Terra no que participa o noso centro neste curso, co obxectivo de sensibilizar, concienciar, divulgar e formar ó alumnado en relación ao medioambiente e a organización do territorio. Uso responsable e sustentable do territorio.👋👋


SEMANA DA PRENSA 22

 O longo desta semana (7 - 11 abril) co gallo da Semana da prensa con moitas actividades  a nivel de aula.

Todo o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria recibiron un xornal ´"El Progreso" coa colaboración desta entidade e o Concello de Rábade para traballar distintos tipos de noticias.

Eliximos diversas seccións habituais do xornal: Primeira páxina, A Fondo, Galicia, España, Internacional, Economía, Sociedade, Cultura, Deportes, Pasatempos, TV, Última páxina...

En Educación Infantil os nenos/as de 4 anos fixeron unha colaxe "HOXE SOMOS XORNALISTAS" e en Educación Primaria  leron e buscaron noticias relacionadas coa actualidade no noso país e no continente americano tanto no xornal como a nivel dixital. Buscaron todo tipo de xornais de todo o mundo... Proxecto no que estamos a traballar este ano "Rabadín viaxa por América".



NORABOA!


miércoles, 9 de marzo de 2022

CONCERTO DE PAKOLAS: "ROCKENDO CON RAMONA A ÓRBITA, A DONA DO TEMPO"

 Hoxe no noso cole, todos os nenos/as de Educación Infantil e Educación Primaria tiveron a sorte de desfrutar da actuación de Paco Cerdeira, onde presentou o seu último librodisco: "Rockeando con Ramona a órbita, a dona do tempo".

Grazas o Concello de Rábade por esta proposta tan xenial e divertida.




👐👐💓💓

martes, 8 de marzo de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8 MARZO 2022)

Como cada 8 de marzo, celebramos o Día Internacional da Muller con distintas actividades, para recoñecer a súa tenacidade, o seu empoderamento, a súa labor en distintos campos, a capacidade de sensibilizar e de ser un exemplo de valentía en todo o mundo.

Hoxe no noso cole realizáronse diferentes actividades relacionadas con dita temática:

Obradoiro de manualidades: "As mulleres da miña vida"
Obradoiro de manualidades con candeas.
Vídeos e curtametraxes sobre a historia do Día Internacional da muller e sobre a igualdade de xénero.
Recomendacións de lecturas sobre a Igualdade de Xénero...

FELIZ DÍA DA MULLER A TODAS AS NOSAS NAIS E A TODAS AS MULLERES DO MUNDO!























💓