sábado, 23 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO 2022

 O día 22 de abril co gallo do DÍA DO LIBRO organizamos no noso centro o I ROTEIRO LITERARIO coa colaboración dos nenos/as de 6º curso (voluntariado da biblioteca)

Tendo en conta que a lectura, segundo a ciencia ten unha morea de beneficios, o longo desta xornada todos os nenos/as de Educación Infantil e Educación Primaria desfrutaron de varias sesións de contacontos, audiocontos, vídeocontos e contos cooperativos.

Unha actividade realizada con moito esforzo e ilusión por toda a Comunidade Educativa, pero que resultou ser todo un éxito.

NORABOA A TOD@S!  LER É UN PRACER!



miércoles, 20 de abril de 2022

VIAXE CULTURAL: "O VALADOURO"

 O día 19 de abril todos os nenos/as de 5º e 6º de Educación Primaria  fixeron unha viaxe cultural a "O VALADOURO" acompañados polas súas titoras e o mestre de Educación Física.

Unha viaxe totalmente gratuíta concedida e incluída na programación de Bens de Interese  Histórico e Cultural da Deputación de Lugo.

Unha xornada de aprendizaxe na natureza onde descubriron os encantos deste concello da Mariña interior. (Monumentos  históricos, xardíns históricos, rutas de senderismo...)





                                                              👋👋👋😍😍😍


domingo, 3 de abril de 2022

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

 II CARREIRA SOLIDARIA: "KM DE SOLIDARIDAD"

O día 7 de abril co gallo do Día Mundial da Saúde organizamos no noso centro a II CARREIRA SOLIDARIA "KM DE SOLIDARIDAD" coa colaboración de Save the Children, unha ONG que recauda fondos para a supervivencia dos nenos/as no corno de África.

Grazas a colaboración de todas as familias que participaron para que estes nenos/as teñan unha vida un pouco mellor!

Noraboa a todos os nenos/as do cole por colaborar na súa organización e participar con tanta ilusión nesta iniciativa ❤️❤️❤️







👏👏👏👏👏💓💓

OBRADOIROS DE IGUALDADE

 O longo desta semana realizáronse diferentes obradoiros de Igualdade en Educación Infantil e Educación Primaria (1º -4º) coa colaboración do Concello de Rábade. O obxectivo principal era rachar con estereotipos e roles de xénero que seguen presentes na sociedade e sobre o traballo igualitario nas tarefas do fogar, todo isto a través do conto e do teatro. Unha formación moi fortificante.



💓👋👋

PLAN LECTOR: HORA DE LER!

O venres día 1 de abril os nenos/as de 6º de Educación Primaria tiveron un encontro  coa escritora do libro "ZOA E AZOR", An Alfaya. Un libro incluído dentro do Plan Lector para o fomento da lectura.

An Alfaya contoulles moitas anécdotas,  entre elas, en que se inspirou para redactalo, que pretendía contar, as súas experiencias ó escribilo, debateron sobre o protagonista do conto, sobre o resto das personaxes.... e para rematar asinoulles os seus libros e escribiulles unha dedicatoria.

Unha aprendizaxe activa e significativa e unha xornada moi especial.

 Grazas pola túa visita.



                                                               😍😍😍😍👏👏👏