DINAMIZACIÓNS

miércoles, 18 de marzo de 2026

VISITA DO "HOME DO TEMPO" DA TVG

 Onte, martes, tivemos unha visita especial no colexio: a de Diego Viaño, meteorólogo e presentador da TVG de Galicia.


O alumnado de 3º a 6º participou en dúas actividades didácticas relacionadas coa meteoroloxía. Dun xeito ameno, explicounos que son as borrascas, os anticiclóns e como se fan as previsións do tempo, algo que espertou moita curiosidade entre os nenos e nenas.

Tamén houbo tempo para participar. O alumnado puido facer preguntas e, ademais, meterse no papel de profesionais da televisión, recreando un pequeno programa do tempo.

Grazas a Diego e a TVG pola súa visita e por achegarnos ao mundo da meteoroloxía de forma tan directa.



lunes, 16 de marzo de 2026

HISTORIA E CULTURA DO POBO XITANO 26

 Exposición dedicada a "Historia e Cultura do Pobo Xitano"

O obxectivo didáctico principal desta iniciativa é dar a coñecer a fondo a riqueza da súa historia e loitar activamente contra os prexuízos, fomentando un espazo de respecto e aprendizaxe mutua. 



SEMANA DA PRENSA 2026

 Obradoiros con xornais ,realizados polos nenos/as de E. Infantil para celebrar a SEMANA DA PRENSA.



viernes, 6 de marzo de 2026

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2026

 Para celebrar o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, no colexio organizamos un OBRADOIRO CREATIVO para elaborar un mural moi especial. O mural mostra a silueta dunha muller co pelo formado por moitos corazóns de papel en 3D.


Cada un dos nosos alumnos realizou o seu propio corazón, ó abrilo, no seu interior desprégase un tulipán. Con este xesto lembramos que todas as persoas somos únicas e valiosas, e que nun mundo con igualdade, respecto e liberdade todas podemos florecer.

Para que a mensaxe sexa aínda máis clara, escolleuse a frase de Rosa Luxemburgo: "Por un mundo onde sexamos: socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres".

Con este traballo queremos celebrar a igualdade e a liberdade de todas as mulleres, poñendo no centro o valor de cada persoa.

Agardamos que vos guste tanto como a eles facelo e Feliz 8 de Marzo a todas!💜💜