O día 21 de decembro celebramos no noso centro o Nadal, coa 1ª FESTA DE FIN DE ANO co seguinte itinerario:
- Decoracións de aulas e espazos comúns do centro.
- Visita de Papa Noel.
- Badaladas e uvas (gusanitos)
- Festa cotillón con bailes e cancións típicas destas datas.
Unha xornada moi especial.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Ler é un hábito que se exercita, por iso, canto máis lemos máis gañas temos de continuar facéndoo.
O nadal son unhas festas perfectas para animar os nenos/as a que inclúan como agasallo, os seus libros favoritos, así, inculcarémoslles o amor polos mesmos.💓💓