Hoxe, no noso cole, celebramos un ano máis, o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA, poñendo en valor os dereitos da Infancia, recollidos na Convención sobre os Dereitos do neno/a en todo o mundo e conéctandoos cos Obxectivos da AXENDA 2030 (ODS).
Pensamos que supón unha oportunidade magnífica para dar a coñecer o todos os nenos/as a importancia do seu papel proactivo na transformación do mundo e a consecución destes obxectivos.
Asemade, é moi importante recordar á cidadanía que os nenos/as son o colectivo máis vulnerable, os que máis sufren as crises e os problemas do mundo e por iso debemos continuar traballando e loitando para que teñan un futuro mellor.
A Voz de Galicia, agasallou ó alumnado de 6º de Educación Primaria cunha camiseta na que tamén colaborou Sargadelos polo día dos dereitos dos nenos/as.
No hay comentarios:
Publicar un comentario