viernes, 19 de noviembre de 2021

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

 Hoxe, no noso cole, celebramos un ano máis, o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA, poñendo en valor os dereitos da Infancia, recollidos na Convención sobre os Dereitos do neno/a en todo o mundo e  conéctandoos  cos Obxectivos da  AXENDA 2030  (ODS).

Pensamos que supón unha oportunidade magnífica para dar a coñecer o todos os nenos/as  a importancia do seu papel proactivo na transformación do mundo e a consecución destes obxectivos.

Asemade, é moi importante recordar  á cidadanía que os nenos/as son o colectivo máis vulnerable,  os que máis sufren as crises e os problemas do mundo e por iso debemos continuar traballando e loitando para que teñan un futuro mellor.

 A Voz de Galicia, agasallou ó alumnado de 6º de Educación Primaria cunha camiseta na que tamén colaborou Sargadelos polo día dos dereitos dos nenos/as.
























No hay comentarios:

Publicar un comentario