O día 8 de marzo celebramos o Día Internacional da muller, xa que, as mulleres do mundo desexan e merecen un futuro igualitario sen estigmas, estereotipos nin violencia; un futuro que sexa sostible, pacífico, con igualdade de dereitos e oportunidades para todas as personas. A fin de lograr este obxectivo, o mundo necesita mulleres valentes e que tomen decisións.
Por isto, no noso centro todos os nenos/as buscaron información sobre mulleres europeas que deixaron pegada e que grazas a elas seguimos evolucionando positivamente pero aínda con lentitude. Con todas estas mulleres fixemos unha colmea, xa que, como as abellas, xuntas lograremos avanzar!
Asemade, tamén se organizaron obradoiros de cociña, manualidades e proxectouse "Igualdad de género".
Achegamos tamén un listado de lecturas recomendadas sobre esta conmemoración e unha serie de cortos para educar na igualdade de oportunidades e outros valores. Esperamos que vos gusten e que poidades ler en familia.
LECTURAS RECOMENDADAS