martes, 3 de marzo de 2020

OBRADOIRO "BROCHETAS DE FROITA"



O mércores, 19 de febreiro os alumnos de Educación Infantil fixeron un obradoiro de brochetas de froitas. Utilizaron os seguintes ingredientes: plátanos, amorodos, kiwis. peras e mazás. Despois de cortar as froitas en anacos pequenos, foron meténdoas no pincho e para rematar degustaron cada un a súa brocheta.







As pegadas no camiño

                                         AS PEGADAS DO CAMIÑO


Os alumnos/as de 5º e 6º do CEIP Otero Pedrayo de Rábade xunto con tres profesores do Centro, Chus Espiño, Aurora e Tena están a facer o Camiño de Santiago.

Este ano correspóndelle o tramo dende MELIDE a SANTIAGO.

Esta actividade ten como obxetivos : 
-Potenciar e difundir os camiños 
- Para que dende idades temperás realicen exercicio físico vendo e descubrindo outras realidades e formas de entreterse nos seus momentos de ocio.
-Para descobrir os fermosos recunchos da Ruta Xacobea, 
-Palpar a fraternidade que se respira entre peregríns,
 -Promover as actitudes respetuosas co Patrimonio Cultural e Natural do Camiño 
 -Descubrir Santiago como capital galega mundialmente coñecida dende a Idade Media.

Outro aspecto a ter en conta é o traballo realizado polos nenos antes, durante e despois de cada etapa.
Fan actividades de búsqueda de información de paraxes, monumentos, entorno natural por onde transcurre a etapa, o perfil, provincias que atravesan, etc
Sellan as suas credenciales, sacan fotos, observan, conviven, nunha palabra empápanse de todo o que conleva o Camiño.

Comenzamos o día 19 de Febreiro-2020 coa etapa Melide-------Ribadiso.
Día 18 de Marzo teremos a segunda dende Ribadiso-------Salceda.

E así pasiño a pasiño ata chegar en Xuño a Santiago, onde recibirán a Compostela os nenos de 6º de primaria.


         Resultado de imagen de pisadas             BO CAMIÑO !