AS PEGADAS DO CAMIÑO
Os alumnos/as de 5º e 6º do CEIP Otero Pedrayo de Rábade xunto con tres profesores do Centro, Chus Espiño, Aurora e Tena están a facer o Camiño de Santiago.
Este ano correspóndelle o tramo dende MELIDE a SANTIAGO.
Esta actividade ten como obxetivos :
-Potenciar e difundir os camiños
- Para que dende idades temperás realicen exercicio físico vendo e descubrindo outras realidades e formas de entreterse nos seus momentos de ocio.
-Para descobrir os fermosos recunchos da Ruta Xacobea,
-Palpar a fraternidade que se respira entre peregríns,
-Promover as actitudes respetuosas co Patrimonio Cultural e Natural do Camiño
-Descubrir Santiago como capital galega mundialmente coñecida dende a Idade Media.
Outro aspecto a ter en conta é o traballo realizado polos nenos antes, durante e despois de cada etapa.
Fan actividades de búsqueda de información de paraxes, monumentos, entorno natural por onde transcurre a etapa, o perfil, provincias que atravesan, etc
Sellan as suas credenciales, sacan fotos, observan, conviven, nunha palabra empápanse de todo o que conleva o Camiño.
Comenzamos o día 19 de Febreiro-2020 coa etapa Melide-------Ribadiso.
Día 18 de Marzo teremos a segunda dende Ribadiso-------Salceda.
E así pasiño a pasiño ata chegar en Xuño a Santiago, onde recibirán a Compostela os nenos de 6º de primaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario