sábado, 24 de abril de 2021

HORTO ESCOLAR

 Aproveitando os espazos verdes do noso colexio, creamos un HORTO ESCOLAR, un lugar onde todos os nenos/as de Infantil e Primaria, ao longo desta semana, plantaron e regaron os seus propios vexetais. Un aprendizaxe moi enriquecedor en todos os aspectos mentras se divirten!

Deixámosvos un pequeno vídeo do traballo realizado.


ESPERAMOS QUE O DESFRUTEDES!!

DÍA MUNDIAL DO LIBRO (23/04/21)

O día 23 de abril, celebramos o DÍA MUNDIAL DO LIBRO, e aínda que a lectura se practica todos os días, este día quixémolo celebrar en especial.
Organizamos un OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS  personalizados con todos os nenos/as do centro para que os utilicen á hora de ler.

Son tantos os beneficios da lectura nos nenos/as e adultos que debemos de inculcar este hábito dende moi  pequenos/as, e iso é o que pretendemos dende a nosa biblioteca e dende as propias aulas a través das bibliotecas de aula.
Os nenos/as de 6º curso grabaron o longo do mes de abril  as súas recomendacións dos libros escollidos por eles mesmos para ler. "BOOKTUBERS" (VER)

Os nenos/as de 2º curso tamén quixeron ser booktubers e grabaron as recomendacións dos seus libros favoritos. Asemade para o fomento da lectura realizaron TEATRO CON SOMBRAS relacionado co conto  A QUE SABE A LÚA. Un traballo xenial.








NORABOA! SON MOI ORIXINAIS!!