miércoles, 18 de diciembre de 2019




NADAL 2019Resultado de imagen de gif acebo"
 








RABADÍN E O NADAL



                                   Outro ano máis imos celebrar o Nadal no CEIP Otero Pedrayo.
Dentro das actividades previas puxemos o Belén na entrada do colexio, recollimos pedras, area, prantiñas, e xunto coas figuras que temos doutros años fixemos un nacemento moi chulo.



Cada aula decorou o seu árbol de madeira con motivos de reciclaxe, poño como modelo catro deles que xa están rematados.


O que quedou moi ben foron os anxos que realizaron tódolos alumnos de Primaria coa profesora de Relixión utilizando limpapipas, blonda, papel de revistas, boliñas de poliespán ...
Gustáronnos tanto que a sua foto será a nosa felicitación de Nadal para as familias, comunidade educativa e outros organismos de Rábade.








viernes, 25 de octubre de 2019



CONTACONTOS: "BASILICAMENTE"

O día 25 de Outubro visitou o noso centro Carlos Coira Nieto coa súa obra

 de Teatro "Basílicamente": As maravillosas ideas  do señor Basilio.



Resultado de imagen de BASILICAMENTE

Narra a historia dun bibliotecario que leva libros de aquí para alá e un lector curioso que fai preguntas.
Ás veces as respostas están nos libros, outras na súa imaxinación. Xogando coas palabras, preguntámonos cómo chegan as historias, como se convirten en libros e como chegan á biblioteca.
Foi unha xornada moi especial, entretida, divertida e moi educativa para todos os nenos/as e profes do noso centro.
 Agradecemos moitísimo a súa presenza!!









NORABOA E MOITAS GRAZAS!!!


jueves, 24 de octubre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES



DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 

24 DE OUTUBRO


SABES POR QUÉ SE CELEBRA O DÍA DAS BIBLIOTECAS?


Dende o ano 1997 conmemórase o Día da Biblioteca en recordó á destrución da Biblioteca de Sarajevo incendiada no ano 1992 durante a Guerra dos Balcáns.

Esta conmemoración naceu para trasladar a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura e a convivencia .






O día 24 de Outubro na Biblioteca do Ceip Otero Pedrayo celebramos este día tan importante para todos/as,  xa que os nenos/as de Infantil e Primaria coñeceron a nosa mascota "Rabadín" feito en tea. 
Asemade entregáronse as primeiras mochilas viaxeira,  cas cales,  as familias poderán desfrutar e divertirse con material moi orixinal e divertido.

Os nenos/as de 3 anos e os de nova incorporación fíxolles entrega da mochila da nosa biblioteca para que poidan levar préstamos para súa casa.


A todos os nenos/as de 3º curso de E.P ata 6º de E.P contóuselles un pouco a historia das bibliotecas e da orixe da escritura xunto coa proxección dun video educativo relacionado co mesmo.

Pola tarde, tivemos unha xornada de portas abertas para todas as familias que quixesen coñecer a nosa biblio. Grazas por contar con vós!






















UN NENO/A QUE LÉ SERÁ UN ADULTO QUE PENSA!!!

viernes, 27 de septiembre de 2019

ACTIVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA

ACTIVIDADES NA NOSA BIBLIOTECA 


Iniciamos as actividades da Biblioteca Escolar recién incorporados no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares).

Enviamos este tríptico ás familias coa información do funcionamento da Biblioteca  e da Mochila Viaxeira 




As familias que desexen participar na actividade da Mochila Viaxeira ao longo de este curso deben asinar ésta carta.