viernes, 25 de octubre de 2019



CONTACONTOS: "BASILICAMENTE"

O día 25 de Outubro visitou o noso centro Carlos Coira Nieto coa súa obra

 de Teatro "Basílicamente": As maravillosas ideas  do señor Basilio.



Resultado de imagen de BASILICAMENTE

Narra a historia dun bibliotecario que leva libros de aquí para alá e un lector curioso que fai preguntas.
Ás veces as respostas están nos libros, outras na súa imaxinación. Xogando coas palabras, preguntámonos cómo chegan as historias, como se convirten en libros e como chegan á biblioteca.
Foi unha xornada moi especial, entretida, divertida e moi educativa para todos os nenos/as e profes do noso centro.
 Agradecemos moitísimo a súa presenza!!









NORABOA E MOITAS GRAZAS!!!


jueves, 24 de octubre de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES



DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 

24 DE OUTUBRO


SABES POR QUÉ SE CELEBRA O DÍA DAS BIBLIOTECAS?


Dende o ano 1997 conmemórase o Día da Biblioteca en recordó á destrución da Biblioteca de Sarajevo incendiada no ano 1992 durante a Guerra dos Balcáns.

Esta conmemoración naceu para trasladar a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura e a convivencia .






O día 24 de Outubro na Biblioteca do Ceip Otero Pedrayo celebramos este día tan importante para todos/as,  xa que os nenos/as de Infantil e Primaria coñeceron a nosa mascota "Rabadín" feito en tea. 
Asemade entregáronse as primeiras mochilas viaxeira,  cas cales,  as familias poderán desfrutar e divertirse con material moi orixinal e divertido.

Os nenos/as de 3 anos e os de nova incorporación fíxolles entrega da mochila da nosa biblioteca para que poidan levar préstamos para súa casa.


A todos os nenos/as de 3º curso de E.P ata 6º de E.P contóuselles un pouco a historia das bibliotecas e da orixe da escritura xunto coa proxección dun video educativo relacionado co mesmo.

Pola tarde, tivemos unha xornada de portas abertas para todas as familias que quixesen coñecer a nosa biblio. Grazas por contar con vós!






















UN NENO/A QUE LÉ SERÁ UN ADULTO QUE PENSA!!!