sábado, 25 de marzo de 2023

SEMANA DA PRENSA 2023

 O longo desta semana (6 - 10 abril) celebramos a semana da Semana da prensa con moitas actividades a nivel de aula.

Elaboración dun NOTICIEIRO con noticias do noso cole (Infantil e Primaria)

En Educación Primaria leron e buscaron noticias relacionadas coa actualidade no noso país e no continente asiático tanto no xornal como a nivel dixital. Buscaron todo tipo de xornais de todo o mundo... Proxecto no que estamos a traballar este ano "Rabadín viaxa por Asia".


jueves, 23 de marzo de 2023

CHARLA SOBRE DEPORTE E SAUDE ( CLUB DEPORTIVO LUGO)

O martes día 28 de marzo,  fixéronnos unha visita  dous xogadores do Club Deportivo Lugo.
O clube repartiu invitacións a todos os nenos/as do cole para asistir ó partido do domingo día 2 de abril no Anxo Carro "CD Lugo - Ponferradina" Grazas


👏👏👏👏

CAMIÑO DE SANTIAGO 2023

 Durante este curso 22/23 os nenos/as de 5º e 6º de Educación Primaria, realizarán de novo "O CAMIÑO DE SANTIAGO" dende Sarria ata Santiago de Compostela, en varias etapas. Unha actividade lúdica, motivadora, cultural, de aventura e o máis importante, o fomento da autonomía, responsabilidade, compañerismo...


1ª ETAPA:  "Sarria - Ferreiros" 13 Km. 

2ª ETAPA: "Ferreiros - Portomarín 

3ª ETAPA: "Ligonde - San Xoán do Camiño"

4ª ETAPA:: "San Xoán do Camiño - Melide"

5ª ETAPA: "Melide - Arzúa"

6ª etapa: "Arzúa - O Empalme"

7ª ETAPA: O EMPALME - LAVACOLLA

8ª ETAPA: LAVACOLLA - SANTIAGO DE COMPOSTELA



NORABOA CAMPEÓNS!! OBXECTIVO ALCANZADO!!

PFPP Implementación do Plan Dixital de Centro

 Formación do profesorado sobre a implementación do Plan Dixital do Centro impartido por Jairo Campo. 👋👋👋👌


 FORMACIÓN DO PROFESORADO NOS ENCONTROS DO PLAMBE 2023

Puede ser una imagen de 8 personas y personas de pie

CRUZ VERMELLA DE LUGO

 Charla sobre PRIMEIROS AUXILIOS e mostra do equipamento dunha ambulancia a todos os nenos/as de Infantil e Primaria impartida pola CRUZ VERMELLA de Lugo. Grazas!



DÍA DA ÁRBORE 2023

 O longo desta semana, co gallo da celebración do DÍA DA ÁRBORE (21/03/2023) todos os nenos/as de Educación Infantil e Educación Primaria plantaron diferentes árbores froiteiras (pereiras, figueiras, maceiras), cipreses e plantas ornamentais nos espazos verdes do noso centro.



viernes, 17 de marzo de 2023

SAÍDAS CULTURAIS 22/23

O xoves 15 de decembro de 2022,  todos os nenos/as de Educación Infantil acompañados polas súas profes e a coidadora do cole, fixeron a súa primeira saída ó AQUARIUM FINISTERRAE - Coruña. Un centro público de ciencia dedicado á educación medioambiental e á divulgación científica de temas mariños. Unha viaxe máxica!!

   EDUCACIÓN INFANTIL

    👐👐👐👐


Os nenos/as de 1° e 2° de E.P desprazáronse ata Lugo para asistir a obra de teatro "Só" no Auditorio Gustavo Freire. Actividade proposta por Afundación Abanca.

1º/2º EDUCACIÓN PRIMARIA

                                                                           💓💓

Saída dos nenos/as de 3°e 4° curso de E.P ó Auditorio Gustavo Freire de Lugo para asistir á obra de teatro: "Nautilus, 20.000 leguas de viaje submarino" Actividade proposta por Afundación Abanca

 3º/4º EDUCACIÓN PRIMARIA


 👌👌👌

miércoles, 8 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 O mércores 8 de marzo, para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, organizamos un OBRADOIRO DE PULSEIRAS para todo os nenos/as de E. Infantil e E.Primaria. 💜💜💜

 

Grazas a estas oito exalumnas por colaborar e participar no DÍA INTERNACIONAL DA MULLER co noso cole, enviándonos cada unha delas un vídeo onde contan a súa experiencia persoal e profesional e onde animan a todos os nenos/as a loitar para perseguir os seus soños, iso si, sempre con esforzo e con moita ilusión!
Toda a Comunidade Educativa deste centro está súper agradecida pola vosa implicación nesta conmemoración. Un bico💜💜💜


 

 FELIZ DÍA A TODAS AS MULLERES!💓💓💓