jueves, 25 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (24/02/21)

O 24 de febreiro de 2021 celebramos o aniversario dunha das escritoras galegas máis recoñecidas, ROSALÍA DE CASTRO.
Como neste curso estamos traballando no proxecto: "As viaxes de Rabadín por Europa", os nenos investigaron sobre os traxes típicos de distintos países europeos, dentro dos cales escribiron  os poemas máis coñecidos desta escritora. Con todos estes  traballos elaboramos o tendal da poesía.
Asemade tamén se fixeron exposicións sobre a vida e obra desta escritora. Foi un éxito.



ÁNIMOO!


IMOS COÑECER  UN POUCO QUE  FOI DE ROSALÍA DE CASTRO




APRENDEMOS A CANCIÓN DE "ROSALÍA PEQUENIÑA"


BIOGRAFÍA DE ROSALÍA



POEMA "ADIOS RÍOS ADIÓS FONTES" DE  ROSALÍA DE CASTRO







sábado, 13 de febrero de 2021

AS VIAXES DE RABADÍN POLO MUNDO: EUROPA .

          

Queridas familias, aquí vos deixamos un taboleiro cos contidos a traballar no noso centro sobre as "Viaxes de Rabadín polo mundo". Este curso centrarémonos no Continente Europeo.A nosa mascota da biblioteca "Rabadín" viaxará por distintos países europeos para descubrir, coñecer e investigar as costumes, a gastronomía, a cultura, as paisaxes, as festas, os traxes típicos ... de cada un deles. Será moi interesante e divertido.

FONDOS DOCUMENTAIS ADQUIRIDOS PARA O  PROXECTO  20/21

 

   
 
Como xa explicamos a principio deste curso, e como podedes ler ao principio desta páxina, o noso proxecto a estas alturas do curso (2º trimestre) está en plena construción. Toda a comunidade educativa se involucrou moitísimo e traballando todos os equipos de forma interdisciplinar fai que resulte máis fácil e motivador.
Todo o profesorado e alumnado traballan nas distintas áreas curriculares contidos de proxecto, asemade, tamén se relaciona coas celebracións propostas no calendario escolar.
Dende a bilioteca adquiriuse moito material documental relacionado co proxecto e que está a disposición de todo aquel/la que o precise.

Deixámosvos un adianto do gran traballo realizado ata agora polo profesorado e alumnado do Ceip Otero Pedrayo.



Espero que o desfrutedes!

CONTINUARÁ...