jueves, 16 de junio de 2022

"CADA VERÁN TEN A SÚA HISTORIA"


LECTURAS PARA O VERÁN 2022


Ler no verán é moi beneficioso. Se deixamos de ler libros durante as vacacións parte das habilidades de lectura pérdense, e provocaría un retroceso na capacidade lectora e  na linguaxe. Pola contra, aqueles nenos/as que si o fan poden gañar destreza na mesma. Animádevos!💓




BO VERÁN A TOD@S!

miércoles, 1 de junio de 2022

PDI.: AS VIAXES DE RABADÍN POR AMÉRICA

 Durante o curso 21/22 no noso centro traballamos a reo no proxecto: "As viaxes de Rabadín por América"

Un proxecto proposto dende a biblioteca  e sobre o cal se organizan todas as actividades e  celebracións, así como coas distintas áreas do currículo.

Todos os nenos/as de Educación Infantil e Primaria coa axuda de todo o profesorado buscaron información, investigaron, leron contos, fixeron obradoiros de manualidades, de impresión 3D... sobre os países escollidos por eles mesmos do continente americano. Deixámosvos un vídeo con todos os traballos realizados.

Noraboa a tod@s polo esforzo, a ilusión, a colaboración e o  traballo en equipo. 



GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POLA VOSA  IMPLICACIÓN!