lunes, 18 de mayo de 2026

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 26

Este ano, para celebrar as Letras Galegas e o Día Internacional das Familias, que tamén se celebrou ese mesmo día, o Equipo de Dinamización preparou un agasallo moi especial para todo o alumnado: uns marcapáxinas de bolboretas. Elixiuse esta figura por ser Begoña Caamaño a escritora homenaxeada polas Letras Galegas. No seu libro máis famoso, Morgana en Esmelle, as bolboretas son un símbolo de maxia e liberdade.

Ademais, para poñerlle ritmo ao día, as aulas de 3º tiveron a sorte de contar con Sofía, que tocou o acordeón e encheu de baile e música a súa aula.

Asímesmo, realizaremos actividades  e xogos en soporte dixital para coñecer a vida e a obra de dita escritora.

Utilizaremos os recursos dixitais de SEMINARIO GALÁN

 
 


Tiñamos previsto realizar, aproveitando a semana das LETRAS GALEGAS,  a festa dos MAIOS, o día 15 , pero debido a metereoloxía decidiuse organizalo para o día 
29.  Aqui mostraremos os resultados do traballo realizado.
Nestes días  todos os nenos/as do centro están inmersos na decoración e color de distintos carteis cheos de flores realizados con material de refugallo. Materiais que utilizaremos para celebrar a festa xunto co maio que decoraremos ese día.










DÍA DA FAMILIA 26

Obradoiro de manualidades "Postais para as familias" elaborados por todos os nenos/as de E. Infantil. 💗




jueves, 14 de mayo de 2026

DÍA DO MEDIO AMBIENTE 26

 Aínda que o DÍA DO MEDIO AMBIENTE, como así expón a convocatoria do calendario escolar 25/26, este día celebrarémolo o día 19 de xuño.

Realizaremos unha RUTA DE SENDEIRISMO polas INSUAS DO MIÑO - RÁBADE. Participarán todos os nenos/as de Infantil e Primaria xunto con todo o profesorado.

As distancias estarán adaptadas ás idades dos nenos/as. Organizaranse XOGOS NA NATUREZA e haberá para todos/as unha merenda saudable.



DÍA MUNDIAL DA SAÚDE 26

 Celebrarémola o día 22 de maio cunha CARREIRA SOLIDARIA nos espazos do centro, en colaboración con SAVE THE CHILDREN e coa participación das familias.



martes, 12 de mayo de 2026

PROGRAMA VEXO, VEXO XACOBEO

   Aprendemos sobre o Camiño con "Trobador e Burlón"

Hoxe, 12 de maio, o noso alumnado participou nunha xornada moi especial grazas ao programa Vexo Veo Xacobeo. A actividade consistiu na representación do contacontos teatralizado "O Camiño con Trobador e Burlón".

Ten como obxectivo achegar aos nenos e nenas á riqueza cultural e aos valores do Camiño de Santiago. Traballáronse de forma lúdica e a  través do teatro, os nenos/as coñeceron un pouco mellor a nosa cultura xacobea nunha xornada de aprendizaxe diferente no propio colexio.