O espazo maker e a súa utilización supón :
– Unha metodoloxía activa e de carácter eminentemente práctico, que empodera aos nenos/as. Eles falan, escóitanse e toman decisións dentro do grupo. Aprenden facendo!
– Os nenos/as equivócanse e aprenden dos seus erros, melloran os seus diseños partindo deses erros e xestionan a frustración, desenvolvendo a capacidade de seguir adiante, con perseverancia, e entenden o fracaso como parte normal e precisa do aprendizaxe. É o sistema de ensaio - erro.
– Estes espazos facilitan a inclusión, por medio de los diferentes papeis que os nenos/as poden desempeñar dentro dos grupos, é un aprendizaxe cooperativo no que se fomenta o sentimento de comunidade, a tolerancia e o respeto.
– Motívanse aos alumnos/as con obxectivos e temáticas interesantes para eles, ligadas ó mundo real e a problemas existentes. Os alumnos involúcranse. Construír algo que lles gusta fainos sentir orgullosos. Mellora a súa concentración e invítaos a preguntar, fomentando a súa creatividade, a curiosidade e a cultura emprendedora, mediante o pensamiento lóxico e a experimentación, animándoos a investigar.
– Serve para todas as idades. Inclúe as TICS , sendo moi útiles para desenvolver a competencia dixital e a tecnolóxica dos alumnos/as .
– Todo isto, implica un aumento da autonomía dos nenos/as , da súa autoestima e, nunha mellora do comportamento. Contribúe ó desenvolvemento da capacidade de resolución de problemas, do seu pensamento crítico e das súas habilidades comunicativas, persoais e emocionais.
– Presencia, polo tanto, as catro Cs fundamentais na educación: curiosidade, creatividade, competencias e cooperación. Ademais de moitas outras ventaxas para os nenos/as do século XXI.