Queridas familias, aquí vos deixamos un taboleiro cos contidos a traballar no noso centro sobre as "Viaxes de Rabadín polo mundo". Este curso centrarémonos no Continente Europeo.A nosa mascota da biblioteca "Rabadín" viaxará por distintos países europeos para descubrir, coñecer e investigar as costumes, a gastronomía, a cultura, as paisaxes, as festas, os traxes típicos ... de cada un deles. Será moi interesante e divertido.
FONDOS DOCUMENTAIS ADQUIRIDOS PARA O PROXECTO 20/21
Como xa explicamos a principio deste curso, e como podedes ler ao principio desta páxina, o noso proxecto a estas alturas do curso (2º trimestre) está en plena construción. Toda a comunidade educativa se involucrou moitísimo e traballando todos os equipos de forma interdisciplinar fai que resulte máis fácil e motivador.
Todo o profesorado e alumnado traballan nas distintas áreas curriculares contidos de proxecto, asemade, tamén se relaciona coas celebracións propostas no calendario escolar.
Dende a bilioteca adquiriuse moito material documental relacionado co proxecto e que está a disposición de todo aquel/la que o precise.
Deixámosvos un adianto do gran traballo realizado ata agora polo profesorado e alumnado do Ceip Otero Pedrayo.
CONTINUARÁ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario