DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
24 DE OUTUBRO
SABES POR QUÉ SE CELEBRA O DÍA DAS BIBLIOTECAS?
Dende o ano 1997 conmemórase o Día da Biblioteca en recordó á destrución da Biblioteca de Sarajevo incendiada no ano 1992 durante a Guerra dos Balcáns.
Esta conmemoración naceu para trasladar a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura e a convivencia .
O día 24 de Outubro na Biblioteca do Ceip Otero Pedrayo celebramos este día tan importante para todos/as, xa que os nenos/as de Infantil e Primaria coñeceron a nosa mascota "Rabadín" feito en tea.
Asemade entregáronse as primeiras mochilas viaxeira, cas cales, as familias poderán desfrutar e divertirse con material moi orixinal e divertido.
Os nenos/as de 3 anos e os de nova incorporación fíxolles entrega da mochila da nosa biblioteca para que poidan levar préstamos para súa casa.
A todos os nenos/as de 3º curso de E.P ata 6º de E.P contóuselles un pouco a historia das bibliotecas e da orixe da escritura xunto coa proxección dun video educativo relacionado co mesmo.
Pola tarde, tivemos unha xornada de portas abertas para todas as familias que quixesen coñecer a nosa biblio. Grazas por contar con vós!
UN NENO/A QUE LÉ SERÁ UN ADULTO QUE PENSA!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario