O venres día 8 de novembro celebramos o MAGOSTO no noso cole con moitas actividades.
O xoves, 24 de outubro, celebramos o día das Bibliotecas Escolares no noso centro. Un día especial para os nenos/as de Infantil 3 anos, xa que se encontraron ca nosa mascota "Rabadín". Presentáronse as mochilas viaxeiras a cada un dos cursos de E. Infantil e Educación Primaria e fíxose entrega das mochilas de préstamo os nenos/as de 3 anos e os de nova incorporación. As mochilas viaxeiras comezarán a visitar os fogares a partir do luns 28 de outubro. Asemade, realizáronse sesións de contacontos para todos eles.
INFONADAL: CHARLA E OBRADOIRO SOBRE A SEGURIDADE NOS XOGUETES. PARTICIPARON E. INFANTIL E E. PRIMARIA.
1. CHARLA IMPARTIDA POLA GARDA CIVIL SOBRE O ACOSO ESCOLAR ÓS NENOS/AS DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. PLAN DE CONVIVENCIA
2. Charla para o alumnado de 5º e 6º E.Primaria impartida polo Servizo de Prevención de Condutas aditivas. Organizado polo Concello. Mes de novembro de 2024
3. SOMOS O QUE COMEMOS. Charla sobre como aprender a comer dende idades temperás ós nenos/as de 5° e 6° E.P
4. TEATRO CON "A XANELA DE MAXÍN" basadO no libro " "A banda dos insectos" sobre o ACOSO ESCOLAR PARA NENOS/AS DE 5º E 6º E.P. (21/01/25)