miércoles, 18 de marzo de 2026

VISITA DO "HOME DO TEMPO" DA TVG

 Onte, martes, tivemos unha visita especial no colexio: a de Diego Viaño, meteorólogo e presentador da TVG de Galicia.


O alumnado de 3º a 6º participou en dúas actividades didácticas relacionadas coa meteoroloxía. Dun xeito ameno, explicounos que son as borrascas, os anticiclóns e como se fan as previsións do tempo, algo que espertou moita curiosidade entre os nenos e nenas.

Tamén houbo tempo para participar. O alumnado puido facer preguntas e, ademais, meterse no papel de profesionais da televisión, recreando un pequeno programa do tempo.

Grazas a Diego e a TVG pola súa visita e por achegarnos ao mundo da meteoroloxía de forma tan directa.



lunes, 16 de marzo de 2026

HISTORIA E CULTURA DO POBO XITANO 26

 Exposición dedicada a "Historia e Cultura do Pobo Xitano"

O obxectivo didáctico principal desta iniciativa é dar a coñecer a fondo a riqueza da súa historia e loitar activamente contra os prexuízos, fomentando un espazo de respecto e aprendizaxe mutua. 



SEMANA DA PRENSA 2026

 Obradoiros con xornais ,realizados polos nenos/as de E. Infantil para celebrar a SEMANA DA PRENSA.



viernes, 6 de marzo de 2026

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2026

 Para celebrar o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, no colexio organizamos un OBRADOIRO CREATIVO para elaborar un mural moi especial. O mural mostra a silueta dunha muller co pelo formado por moitos corazóns de papel en 3D.


Cada un dos nosos alumnos realizou o seu propio corazón, ó abrilo, no seu interior desprégase un tulipán. Con este xesto lembramos que todas as persoas somos únicas e valiosas, e que nun mundo con igualdade, respecto e liberdade todas podemos florecer.

Para que a mensaxe sexa aínda máis clara, escolleuse a frase de Rosa Luxemburgo: "Por un mundo onde sexamos: socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres".

Con este traballo queremos celebrar a igualdade e a liberdade de todas as mulleres, poñendo no centro o valor de cada persoa.

Agardamos que vos guste tanto como a eles facelo e Feliz 8 de Marzo a todas!💜💜




martes, 24 de febrero de 2026

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 26

 O día 23 de febreiro celebramos o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO cun obradoiro de ARCILLA POLIMÉRICA e PINZAS DE CROCODILO onde cada un dos nenos/as de E.I e E.P realizaron un portafotos. Asemade, traballamos sobre a biografía da mesma a través de vídeos e xogos virtuais a nivel de aula.💗






jueves, 5 de febrero de 2026

Entroido 2026

Despois dunha semana chea de traballo... obradoiros, mandados do meco, decoracións.... hoxe festexamos o ENTROIDO "PIRATA" no pavillón, con desfile, coreografía conxunta, lectura do pregón do colexio e manifesto, queima do MECO e moita música e baile pirata. Grazas as familias pola vosa colaboración e participación nas actividades do centro. Feliz Entroido!!!❤❤❤


Para comezar esta celebración, o día 4 de febreiro os nenos/as de 4º, 5º e 6º de E.P  participaron nun obradoiro "ENTROIDO SEGURO" promovido polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia, co obxectivo  de ofrecer pautas para unha compra e un uso seguro dos produtos típicos destas datas,




sábado, 31 de enero de 2026

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

 Ao longo destes últimos días, o alumnado estivo traballando en distintos obradoiros para conmemorar o Día Escolar da non Violencia e da Paz, que se celebrou o 30 de xaneiro.

Dentro destas actividades, entre todos e todas realizaron un mural da paz con forma de arco da vella. Cada curso puxo a súa parte e, ao unilas, creouse unha obra común chea de cor e significado. O mural representa que, aínda que somos diferentes, xuntos e xuntas construímos a paz a través do respecto, a convivencia e a amizade.

Tamén participaron na elaboraron dun VÍDEO conxunto (Páx. web do centro) coa canción "¿Por qué no ser amigos?", de Hombres G e Dani Martín, no que o alumnado transmite unha mensaxe sinxela pero moi importante: falar, entendernos e ser amigos axúdanos a vivir mellor e en paz.



RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O DÍA DA PAZ