DINAMIZACIÓNS

lunes, 18 de mayo de 2026

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 26

Este ano, para celebrar as Letras Galegas e o Día Internacional das Familias, que tamén se celebrou ese mesmo día, o Equipo de Dinamización preparou un agasallo moi especial para todo o alumnado: uns marcapáxinas de bolboretas. Elixiuse esta figura por ser Begoña Caamaño a escritora homenaxeada polas Letras Galegas. No seu libro máis famoso, Morgana en Esmelle, as bolboretas son un símbolo de maxia e liberdade.

Ademais, para poñerlle ritmo ao día, as aulas de 3º tiveron a sorte de contar con Sofía, que tocou o acordeón e encheu de baile e música a súa aula.

Asímesmo, realizaremos actividades  e xogos en soporte dixital para coñecer a vida e a obra de dita escritora.

Utilizaremos os recursos dixitais de SEMINARIO GALÁN

 
 


Tiñamos previsto realizar, aproveitando a semana das LETRAS GALEGAS,  a festa dos MAIOS, o día 15 , pero debido a metereoloxía decidiuse organizalo para o día 
29.  Aqui mostraremos os resultados do traballo realizado.
Nestes días  todos os nenos/as do centro están inmersos na decoración e color de distintos carteis cheos de flores realizados con material de refugallo. Materiais que utilizaremos para celebrar a festa xunto co maio que decoraremos ese día.










No hay comentarios:

Publicar un comentario