DINAMIZACIÓNS
martes, 26 de mayo de 2026
lunes, 18 de mayo de 2026
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS - OS MAIOS 26
Este ano, para celebrar as Letras Galegas e o Día Internacional das Familias, que tamén se celebrou ese mesmo día, o Equipo de Dinamización preparou un agasallo moi especial para todo o alumnado: uns marcapáxinas de bolboretas. Elixiuse esta figura por ser Begoña Caamaño a escritora homenaxeada polas Letras Galegas. No seu libro máis famoso, Morgana en Esmelle, as bolboretas son un símbolo de maxia e liberdade.
Ademais, para poñerlle ritmo ao día, as aulas de 3º tiveron a sorte de contar con Sofía, que tocou o acordeón e encheu de baile e música a súa aula.
Utilizaremos os recursos dixitais de SEMINARIO GALÁN
Hoxe, 29 de maio, celebramos no colexio o Día dos Maios, unha xornada dedicada a manter vivas as nosas tradicións e dar a benvida á primavera.
Esta festa foi o resultado de varias semanas de traballo previo, nas que os alumnos e alumnas colaboraron activamente para construír e decorar o maio, así como para preparar os distintos murais que vestiron o centro para a ocasión, ademais de ensaiar as cancións e os bailes que formaron parte da celebración.
Xa no día de hoxe, a actividade principal tivo lugar arredor dese maio; alí, os alumnos e alumnas compartiron o protagonismo lendo varias coplas, cantando cancións tradicionais e participando nos distintos bailes preparados para a ocasión. Para rematar, unha alumna de terceiro de primaria tocou unhas pezas musicais que animaron a bailar a todos os presentes, pechando a conmemoración cun ambiente moi agradable.
DÍA DA FAMILIA 26
Obradoiro de manualidades "Postais para as familias" elaborados por todos os nenos/as de E. Infantil. 💗
jueves, 14 de mayo de 2026
DÍA DO MEDIO AMBIENTE 26
Aínda que o DÍA DO MEDIO AMBIENTE, como así expón a convocatoria do calendario escolar 25/26, este día celebrarémolo o día 19 de xuño.
Realizaremos unha RUTA DE SENDEIRISMO polas INSUAS DO MIÑO - RÁBADE. Participarán todos os nenos/as de Infantil e Primaria xunto con todo o profesorado.
As distancias estarán adaptadas ás idades dos nenos/as. Organizaranse XOGOS NA NATUREZA e haberá para todos/as unha merenda saudable.
DÍA MUNDIAL DA SAÚDE 26
Hoxe, venres 22 de maio, celebramos a nosa carreira solidaria en colaboración con Save the Children. Queremos agradecer o esforzo de todo o alumnado, o apoio das familias patrocinadoras e a axuda do Concello de Rábade por la merenda saudable.💗
martes, 12 de mayo de 2026
PROGRAMA VEXO, VEXO XACOBEO
Aprendemos sobre o Camiño con "Trobador e Burlón"
Hoxe, 12 de maio, o noso alumnado participou nunha xornada moi especial grazas ao programa Vexo Veo Xacobeo. A actividade consistiu na representación do contacontos teatralizado "O Camiño con Trobador e Burlón".
Ten como obxectivo achegar aos nenos e nenas á riqueza cultural e aos valores do Camiño de Santiago. Traballáronse de forma lúdica e a través do teatro, os nenos/as coñeceron un pouco mellor a nosa cultura xacobea nunha xornada de aprendizaxe diferente no propio colexio.
martes, 21 de abril de 2026
DÍA DO LIBRO 26
Hoxe, xoves 23 de abril, celebramos o día do libro cun ROTEIRO LITERARIO "OS CONTOS UNEN..." en colaboración coa biblioteca do IES RÍO MIÑO. Os nenos/as de 1º ESO contáronlles contos a todos os nenos/as do cole, en pequenos grupos e adaptados ás distintas idades.
Organizáronse obradoiros creativos, onde os nenos/as de 5º de Educación Infantil coa axuda das súas profes crearon un conto "O loro Monchito" e uns marcapáxinas relacionados co noso PDI.: "OS PIRATAS"
Foi unha xornada moi especial tanto para os nenos/as do IES como para nós. Grazas ó profesorado da biblioteca por permitir este encontro.😍😍
EDUCACIÓN VIAL 26
Hoxe, os nenos/as de 5°e 6° de E.P asistiron ao Parque Infantil de Tráfico (PIT) en Lugo, ubicado no Parque da Milagrosa, onde se formaron en actividades teóricas e prácticas con bicicletas, karts e sinalizacións renovadas (EDUCACIÓN VIAL). Esta formación escolar é unha proposta impulsada polo Concello de Lugo e a DXT. Unha proposta moi interesante e divertida. Grazas
miércoles, 18 de marzo de 2026
VISITA DO "HOME DO TEMPO" DA TVG
Onte, martes, tivemos unha visita especial no colexio: a de Diego Viaño, meteorólogo e presentador da TVG de Galicia.
O alumnado de 3º a 6º participou en dúas actividades didácticas relacionadas coa meteoroloxía. Dun xeito ameno, explicounos que son as borrascas, os anticiclóns e como se fan as previsións do tempo, algo que espertou moita curiosidade entre os nenos e nenas.
Tamén houbo tempo para participar. O alumnado puido facer preguntas e, ademais, meterse no papel de profesionais da televisión, recreando un pequeno programa do tempo.
Grazas a Diego e a TVG pola súa visita e por achegarnos ao mundo da meteoroloxía de forma tan directa.
lunes, 16 de marzo de 2026
HISTORIA E CULTURA DO POBO XITANO 26
Exposición dedicada a "Historia e Cultura do Pobo Xitano"
O obxectivo didáctico principal desta iniciativa é dar a coñecer a fondo a riqueza da súa historia e loitar activamente contra os prexuízos, fomentando un espazo de respecto e aprendizaxe mutua.
viernes, 6 de marzo de 2026
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2026
Para celebrar o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, no colexio organizamos un OBRADOIRO CREATIVO para elaborar un mural moi especial. O mural mostra a silueta dunha muller co pelo formado por moitos corazóns de papel en 3D.
Cada un dos nosos alumnos realizou o seu propio corazón, ó abrilo, no seu interior desprégase un tulipán. Con este xesto lembramos que todas as persoas somos únicas e valiosas, e que nun mundo con igualdade, respecto e liberdade todas podemos florecer.
Para que a mensaxe sexa aínda máis clara, escolleuse a frase de Rosa Luxemburgo: "Por un mundo onde sexamos: socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres".
Con este traballo queremos celebrar a igualdade e a liberdade de todas as mulleres, poñendo no centro o valor de cada persoa.
Agardamos que vos guste tanto como a eles facelo e Feliz 8 de Marzo a todas!💜💜
martes, 24 de febrero de 2026
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 26
O día 23 de febreiro celebramos o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO cun obradoiro de ARCILLA POLIMÉRICA e PINZAS DE CROCODILO onde cada un dos nenos/as de E.I e E.P realizaron un portafotos. Asemade, traballamos sobre a biografía da mesma a través de vídeos e xogos virtuais a nivel de aula.💗
jueves, 5 de febrero de 2026
Entroido 2026
Despois dunha semana chea de traballo... obradoiros, mandados do meco, decoracións.... hoxe festexamos o ENTROIDO "PIRATA" no pavillón, con desfile, coreografía conxunta, lectura do pregón do colexio e manifesto, queima do MECO e moita música e baile pirata. Grazas as familias pola vosa colaboración e participación nas actividades do centro. Feliz Entroido!!!![]()
![]()
![]()
Para comezar esta celebración, o día 4 de febreiro os nenos/as de 4º, 5º e 6º de E.P participaron nun obradoiro "ENTROIDO SEGURO" promovido polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia, co obxectivo de ofrecer pautas para unha compra e un uso seguro dos produtos típicos destas datas,
sábado, 31 de enero de 2026
DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
Ao longo destes últimos días, o alumnado estivo traballando en distintos obradoiros para conmemorar o Día Escolar da non Violencia e da Paz, que se celebrou o 30 de xaneiro.
Dentro destas actividades, entre todos e todas realizaron un mural da paz con forma de arco da vella. Cada curso puxo a súa parte e, ao unilas, creouse unha obra común chea de cor e significado. O mural representa que, aínda que somos diferentes, xuntos e xuntas construímos a paz a través do respecto, a convivencia e a amizade.Tamén participaron na elaboraron dun VÍDEO conxunto (Páx. web do centro) coa canción "¿Por qué no ser amigos?", de Hombres G e Dani Martín, no que o alumnado transmite unha mensaxe sinxela pero moi importante: falar, entendernos e ser amigos axúdanos a vivir mellor e en paz.



















