lunes, 31 de enero de 2022

CONTACONTOS

 O VOLUNTARIADO DE 6º ED. PRIMARIA CONTAN UN CONTO ÓS NENOS/AS DE 5º DE ED. INFANTIL NO TEMPO DE LECER. 👋👋👋👋💓


A LECTURA FOMENTA :  A AMIZADE, A CONFRATERNIDADE, A SOLIDARIEDADE, A COOPERACIÓN, MELLORA A AUTOESTIMA, INCULCA VALORES...

sábado, 29 de enero de 2022

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 O venres día 28 de xaneiro celebramos o día da PAZ e a NON VIOLENCIA (30/01/22)  co lema:

"BAILAMOS POLA PAZ"

Todos os nenos/as de Educación Infantil e Educación Primaria presentaron as súas coreografías  practicadas durante todo este mes e interconectadas co PDI.: "As viaxes de Rabadín por América". TODO UN ÉXITO!

Asemade, realizaron un mural conxunto relacionado con dita temática.  

Todas as coreografías foron gravadas para que as familias poidades desfrutar dese momento. Espero que vos divirtades!👋👋👋👋💓

  









GRAVACIÓNS: 

"QUEREMOS E LOITAREMOS POLA PAZ EN TODO O MUNDO"

4º ED. INFANTIL

5º ED. INFANTIL

6º ED. INFANTIL

1º ED. PRIMARIA

















jueves, 27 de enero de 2022

DÍA DA ILUSTRACIÓN 2022

 

Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación de Profesionais da Ilustración. Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano o protagonista é Reimundo Patiño pintor, gravador e autor de BD. "Pioneiro da arte contemporánea galega."







Nos enlaces anteriores, encóntrase a páxina web da BIBLIOTECA PÚBLICA  DE LUGO,  onde podedes inscribir de forma gratuita aos vosos fillos/as  en distintos obradoiros e concertos moi interesantes. Estes celebraranse durante o mes de febreiro. 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS "DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA"

 











martes, 21 de diciembre de 2021

NADAL 2021

O día 21 de decembro celebramos no noso centro o Nadal, coa 1ª FESTA DE FIN DE ANO co seguinte itinerario:

- Decoracións de aulas e espazos comúns do centro.

- Visita de Papa Noel.

- Badaladas e uvas (gusanitos)

- Festa cotillón con bailes e cancións típicas destas datas.

Unha xornada moi especial. 


Boas festas e feliz aninovo!💓💓



RECOMENDACIÓNS LECTORAS 


Ler é un hábito que se exercita, por iso, canto máis lemos máis gañas temos de continuar facéndoo.

O nadal son unhas festas perfectas para animar os nenos/as a que inclúan como agasallo, os seus libros favoritos, así,  inculcarémoslles o amor polos mesmos.💓💓


FELICES FESTAS!!! ❤️❤️❤️

 


jueves, 9 de diciembre de 2021

XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

 Actividade física e saúde, calidade de vida, xogos populares e tradicionais, socialización, cultura, desfrute, motivación...

 



                                        NORABOA A TOD@S!!! 👋👋👋👋👋

sábado, 4 de diciembre de 2021

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE (3/12/2021)

O día 3 de decembro celebramos no noso centro o Día Internacional das Persoas con Discapacidade coa organización dun obradoiro de manualidades: Parches Piratas.

Neste obradoiro participou todo o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria.

Unha forma de solidarizarnos con todas esas persoas que teñen os mesmos dereitos, para a construción dun mundo inclusivo, accesible e sostible.

Por un mundo sen barreiras!!💓💓💓





miércoles, 1 de diciembre de 2021

CALENDARIO ESTIÑO

Outro ano máis colaboramos no calendario ESTIÑO. Este curso o tema era á metereoloxía e o debuxo gañador foi  "O ARCO DA VELLA" dunha nena de 6º curso (Alba Enríquez). NORABOA!!👏👏👏

Sabedes por que o calendario se chama Estiño? polos anos 70 un grupo de mestres/as das escolas unitarias da provincia de Lugo empezaron a compartir experiencias, recursos e problemáticas sobre a escola no rural. Así naceu en Lugo o Colectivo Pedagóxico Estiño en 1983.

Na actualidade o seu traballo segue vinculado ao estudo dos distintos aspectos da Cultura Galega, polo seu valor e a súa supervivencia.

Os calendarios póñense á venda e o diñeiro recaudado  destínase a financiar proxectos.


UN GRAN TRABALLO!!💓💓

OBRADOIROS DE IGUALDADE A TRAVÉS DA RADIO, CINE E BAILE COEDUCATIVO

Esta semana os nenos/as de 2º, 4º e 6º de Educación Primaria desfrutaron duns obradoiros sobre IGUALDADE, promovidos polo Concello de Rábade.

Un programa que traballa a través do cine, o baile e a radio a erradicación de estereotipos da violencia de xénero e a igualdade entre o alumnado. Un  traballo moi interesante.


💜💜💜💜💜