martes, 27 de febrero de 2024

CONCURSO PILABOT - RECICLA CON ENERXÍA

OBRADOIRO EDUCATIVo SOBRE RECICLAXE: PARTICIPACIÓN NO CONCURSO PILABOT

Recollida de pilas por parte de toda a Comunidade Educativa, charla - obradoiro sobre a reciclaxe.



viernes, 23 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Como motivo da celebración do 187º aniversario do nacemento dunha das figuras culturais máis importantes, hoxe homenaxeamos non noso centro a Rosalía de Castro con obradoiros, curtametraxes e a realización dunha Unidade Didáctica para o coñecemento da súa vida e obra. ❤❤❤



martes, 20 de febrero de 2024

PROGRAMA LECTURA E FAMILIAS

 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 

 O vindeiro 8 de marzo de 2024 celébrase O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, e que mellor forma de facelo, que desfrutando toda a Comunidade Educativa dunha sesión de MONICREQUES con MARISA IRIMIA. ANIMÁDEVOS!!!!

 


 

domingo, 11 de febrero de 2024

ENTROIDO 2024

 

O día 9 de febreiro celebramos no cole o ENTROIDO 2024 con moita festa.
Case todos os nenos/as e mestres fumos disfrazados de AFRICANOS/AS, tema do noso PDI traballado este curso. Tamén houbo  disfraces doustras índoles.
Todo o alumnado e profesorado do cole desfilaron, bailamos "MAMÁ ÁFRICA", lemos o testamento e queimamos o MECO cuxo lema foi a FAME.


 
Bo ENTROIDO A TOD@S!🥳🥳🥳🥳🥳

jueves, 8 de febrero de 2024

SAÍDAS CULTURAIS 23-24

Nenos/as de 4°, 5° e 6° de E.P desprazáronse ó Auditorio Gustavo Freire de Lugo para disfrutar dunha obra de teatro en Inglés titulada "HELP". Actividade programada por AFUNDACION

Nenos/as de 3° e 4° de E.P desprazáronse ó Auditorio Gustavo Freire de Lugo para disfrutar dunha proposta escénica sobre o autismo, titulada "HUGO" ". Actividade programada por AFUNDACION.

 

O día 22 de maio, os nenos/as de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria xunto coas súas titoras e a coidadora visitaron o mercado local de Rábade. Mercaron produtos da tempada para plantar no seu horto. Repetiremos!

 



PROGRAMA FROITA FRESCA E LÁCTEOS - FOGGA

 Os nenos/as do noso cole disfrutan de MERENDAS SAUDABLES no tempo de lecer grazas ó PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITAS E LÁCTEOS. FOGGA


jueves, 1 de febrero de 2024

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

 PDI.: "AS VIAXES DE RABADÍN POR ÁFRICA"


  RECOMENDACIÓNS LECTORAS


II MERCADILLO SOLIDARIO: "PALIEMOS A FAME EN ÁFRICA"
O día 30 de xaneiro, co motivo de celebración do DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E DA PAZ organizamos no noso centro un mercadillo solidario co obxectivo de recaudar fondos para paliar a fame en África. Os fondos recaudados (360€) doáronse a SAVE THE CHILDREN. Grazas as familias por colaborar!
 
 


miércoles, 13 de diciembre de 2023

NADAL 2023

 Dende o día 18 ata o 20 de decembro celebraremos o NADAL con obradoiros, obras de teatro, decoracións navideñas, cantos de nadal e para rematar o día 21 unha gran festa de fin de ano. BOAS FESTAS A TOD@S!!


OBRADOIRO DE CHAPAS, DECORACIÓN DE ÁRBORES DE NADAL



CONCURSO DE POSTAIS  DE NADAL 
CONCELLO DE RÁBADE


RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL
                            



PROGRAMACIÓN NADAL (21 DE DECEMBRO)

domingo, 3 de diciembre de 2023

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 Co motivo da celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o xoves día 30 tivemos a visita do clube de Baloncesto "FUNCAS DIVERSIA" e o venres día 1 de decembro XOGOS PARALÍMPICOS E SENSORIAIS con todos os nenos/as do centro. Asemade, o venres todos os nenos/as asistiron con calcetíns diferentes. "TODOS IGUAIS, TODOS DIFERENTES" Unha forma de unirnos á loita pola diversidade, inclusión e igualdade de oportunidades


                                       

                                                            💜💜💜💜