DINAMIZACIÓNS

martes, 19 de enero de 2021

PROGRAMA DE LEITE NA ESCOLA

 

O luns, 18 de xaneiro, comezamos no CEIP Otero Pedrayo, 

O PROGRAMA DE LEITE NA ESCOLA,

no que durante semanas o alumnado do centro poderá tomar leite no recreo.

O programa non ten custo ningún para os centros educativos nin para as familias pois está financiado pola Consellería de Medio Rural  a través do FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria).

A través deste programa intentaremos transmitir ó alumnado a importancia do leite para unha dieta equilibrada, pois o leite é unha excelente fonte de vitaminas e nutrientes que axudan ó crecemento dos nenos e aporta a dose recomendada de calcio diaria para manter ósos e dentes fortes.




ANIMÁDEVOS A TOMAR LEITE! TEN MOITOS BENEFICIOS...

No hay comentarios:

Publicar un comentario