O luns, 18 de xaneiro, comezamos no CEIP Otero Pedrayo,
O PROGRAMA DE LEITE NA ESCOLA,
no que durante semanas o alumnado do centro poderá tomar
leite no recreo.
O programa
non ten custo ningún para os centros educativos nin para as familias pois está
financiado pola Consellería de Medio Rural
a través do FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria).
A través
deste programa intentaremos transmitir ó alumnado a importancia do leite para
unha dieta equilibrada, pois o leite é unha excelente fonte de vitaminas e
nutrientes que axudan ó crecemento dos nenos e aporta a dose recomendada de
calcio diaria para manter ósos e dentes fortes.
ANIMÁDEVOS A TOMAR LEITE! TEN MOITOS BENEFICIOS...
No hay comentarios:
Publicar un comentario