martes, 19 de enero de 2021

OS NENOS/AS DE 6º CONVÍRTENSE EN VERDADEIROS "BOOKTUBERS" DA CRÍTICA LITERARIA

Con este proxecto o que pretendemos e que todos os nenos/as  de 6º curso fomenten o gusto pola lectura dunha forma diferente,  creativa e orixinal, que saiban elexir os seus propios libros,  aqueles que sexan do seu  agrado, que desfruten lendo e ao mesmo tempo que adquiran novos coñecementos.

Despois de ler os libros escollidos por cada un deles,  grabámolos  Individualmente  co  libro físico  explicando os elementos básicos da lectura e  argumentando en primeira persoa  por que lles gustou e  a quen o  recomendarían

Esta argumentación e recomendación tan persoal demostra que os nenos/as experimentan unha aprendizaxe significativa.
Desta forma tan creativa e divertida queremos animar ó resto do alumnado a ler moito xa que é unha fonte de aprendizaxe e sabiduría.

Aquí vos deixamos as recomendacións dos novos BOOKTUBERS! Esperamos que o desfrutedes.






ANIMÁDEVOS A LER, A BUSCAR INFORMACIÓN, A INVESTIGAR, A INNOVAR... NÓS ESTAREMOS AO VOSO CARÓN PARA AXUDARVOS  A CONSEGUIR O VOSO OBXECTIVO! SODES UNS ARTISTAS!

NORABOA RAPACES!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario