O 25 de xaneiro celebrouse o DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN, unha data proclamada pola ONU co obxectivo de alcanzar unha EDUCACIÓN EN CALIDADE por e para tod@s.
No noso centro, coa proposta dos Equipos de Biblioteca, Actividades Extraescolares e Dinamización da Lingua Galega quixemos que os nenos/as fosen partícipes desta conmemoración tan importante para tod@s.
Cada neno/a escribiu nunha folla de árbore, unha das tantas palabras relacionadas coa Educación e con todas elas conseguimos unha árbore de folla perenne xa que a Educación debe ser así, nunca debe de esvaecer.
LOITEMOS POR UNHA EDUCACIÓN DE CALIDADE PARA TOD@S!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario