miércoles, 1 de junio de 2022

PDI.: AS VIAXES DE RABADÍN POR AMÉRICA

 Durante o curso 21/22 no noso centro traballamos a reo no proxecto: "As viaxes de Rabadín por América"

Un proxecto proposto dende a biblioteca  e sobre o cal se organizan todas as actividades e  celebracións, así como coas distintas áreas do currículo.

Todos os nenos/as de Educación Infantil e Primaria coa axuda de todo o profesorado buscaron información, investigaron, leron contos, fixeron obradoiros de manualidades, de impresión 3D... sobre os países escollidos por eles mesmos do continente americano. Deixámosvos un vídeo con todos os traballos realizados.

Noraboa a tod@s polo esforzo, a ilusión, a colaboración e o  traballo en equipo. 



GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA POLA VOSA  IMPLICACIÓN!

No hay comentarios:

Publicar un comentario