Actuación do MAGO TETO para todos os nenos/as do cole e familias.
Obradoiro de consumo resposable: os xoguetes no Nadal. Escola de Consumo.
Obradoiros de manualidades para decorar os distintos espazos do centro.
Actuación do MAGO TETO para todos os nenos/as do cole e familias.
Obradoiro de consumo resposable: os xoguetes no Nadal. Escola de Consumo.
Obradoiros de manualidades para decorar os distintos espazos do centro.
Para celebrar o Día da Diversidade, dende a biblioteca organizamos un obradoiro creativo de "PARCHES PIRATAS" para todos os nenos/as do centro, que serviu para reflexionar sobre as distintas maneiras de percibir o mundo e fomentar a empatía.
Por outra banda, os nenos/as de 5º e 6º realizaron un obradoiro con COGAMI Lugo, entidade que traballa pola inclusión das persoas con discapacidade.💜
OBRADOIRO 3D: "IMÁN LAZO VIOLETA"
Con motivo do 25 de novembro, "Día Internacional contra a Violencia de Xénero", o centro desenvolveu varias actividades co obxectivo de promover o respecto, a igualdade e a convivencia positiva. Charla informativa sobre Igualdade para os nenos/as de 5º e 6º E.P, obradoiro creativo con bolis 3D "Lazo violeta" e obradoiro de manualidades para a construción da "Árbore 25N" con follas e mensaxes en cada unha delas.![]()
![]()
![]()
OBRADOIRO CON BOLIS 3D "LAZO VIOLETA" E DE MANUALIDADES PARA A CONSTRUCIÓN DA "ÁRBORE 25 N"
O día 14 de novembro celebramos o MAGOSTO e o día do Peón no noso centro con obradoiros de manualidades, chocolatada, degustación de castañas, baile do peón e para rematar xogos populares e tradicionais coa axuda dos nenos/as de 5º e 6º E.P. Unha mañá na que combinamos convivencia, xogos e tradición.
Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas Escolares!
Fixemos entrega das Mochilas Viaxeiras a todos os cursos de Educación Infantil e Primaria e contamos contos das novidades lectoras. Comeza oficialmente a viaxe de lectura en familia! Agardamos que vos guste moito e que todas as familias desfrutedes desta fermosa iniciativa.
Boas lecturas!💓
O día 30 de outubro, celebramos a festa de SAMAÍN, con caracterizacións, decoracións, sombreiros terroríficos, obradoiros de manualidades, novidades lectoras e cine de medo.