domingo, 25 de octubre de 2026

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2026

 Aproveitando o Día das Bibliotecas Escolares, que se celebra o 24 de outubro, o equipo da biblioteca organizou a entrega das mochilas viaxeiras, que as titoras repartiron polos nove cursos do colexio, de Infantil a Primaria. O lema deste ano, “Sen profesionais non hai bibliotecas”, lémbranos que detrás de cada biblioteca hai persoas que a fan posible.

Son nove mochilas, unha por curso, que ao longo do ano irán pasando polas vosas casas  cheas de lecturas para que as disfrutedes en familia!!😊😊




sábado, 6 de junio de 2026

LECTURAS PARA O VERÁN 26

 


ANDAINA POLAS INSUAS DO MIÑO

 O día 19 de xuño para rematar este curso realizaremos unha RUTA DE SENDEIRISMO polas INSUAS DO MIÑO - RÁBADE. Participarán todos os nenos/as de Infantil e Primaria xunto con todo o profesorado.

As distancias estarán adaptadas ás idades dos nenos/as. Organizaranse XOGOS NA NATUREZA e haberá para todos/as unha merenda saudable.



DIA DO MEDIO AMBIENTE 26

 Con motivo do Día do Medio Ambiente, o alumnado do noso centro participou nunha xornada de recollida de lixo nos arredores do colexio exercendo de guías e motor da xornada os nenos/as de 5º e 6º de E.P.

A actividade tivo como obxectivo facer reflexionar aos alumnos/as sobre a importancia de coidar os espazos que utilizamos cada día e sobre as consecuencias que ten tirar lixo ao chan ou non respectar o contorno.



martes, 2 de junio de 2026

DÍA DE MERCADO EN RÁBADE

 Hoxe 2 de xuño, os nenos/as e 5° e 6° de E.P  asistiron xunto coas súas profes  ó mercado da súa vila, onde  coñeceron o seu  funcionamento, a súa importancia para a comunidade, valoraron o comercio de proximidade e o traballo dos vendedores e aprenderon a identificar distintos tipos de produtos que se venden no mesmo. Unha xornada produtiva e divertida!




lunes, 18 de mayo de 2026

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS - OS MAIOS 26

Este ano, para celebrar as Letras Galegas e o Día Internacional das Familias, que tamén se celebrou ese mesmo día, o Equipo de Dinamización preparou un agasallo moi especial para todo o alumnado: uns marcapáxinas de bolboretas. Elixiuse esta figura por ser Begoña Caamaño a escritora homenaxeada polas Letras Galegas. No seu libro máis famoso, Morgana en Esmelle, as bolboretas son un símbolo de maxia e liberdade.

Ademais, para poñerlle ritmo ao día, as aulas de 3º tiveron a sorte de contar con Sofía, que tocou o acordeón e encheu de baile e música a súa aula.

Asímesmo, realizaremos actividades  e xogos en soporte dixital para coñecer a vida e a obra de dita escritora.

Utilizaremos os recursos dixitais de SEMINARIO GALÁN

 
 


Hoxe, 29 de maio, celebramos no colexio o Día dos Maios, unha xornada dedicada a manter vivas as nosas tradicións e dar a benvida á primavera.

Esta festa foi o resultado de varias semanas de traballo previo, nas que os alumnos e alumnas colaboraron activamente para construír e decorar o maio, así como para preparar os distintos murais que vestiron o centro para a ocasión, ademais de ensaiar as cancións e os bailes que formaron parte da celebración.

Xa no día de hoxe, a actividade principal tivo lugar arredor dese maio; alí, os alumnos e alumnas compartiron o protagonismo lendo varias coplas, cantando cancións tradicionais e participando nos distintos bailes preparados para a ocasión. Para rematar, unha alumna de terceiro de primaria tocou unhas pezas musicais que animaron a bailar a todos os presentes, pechando a conmemoración cun ambiente moi agradable.









DÍA DA FAMILIA 26

Obradoiro de manualidades "Postais para as familias" elaborados por todos os nenos/as de E. Infantil. 💗




jueves, 14 de mayo de 2026

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE 26

Hoxe, venres 22 de maio, celebramos a nosa carreira solidaria en colaboración con Save the Children. Queremos agradecer o esforzo de todo o alumnado, o apoio das familias patrocinadoras e a axuda do Concello de Rábade por la merenda saudable.💗