Celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES no noso cole coa posta en marcha das mochilas viaxeiras "lecturas en familia", contacontos, obradoiros de manualidades... e con moitas gañas de ler.
Celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES no noso cole coa posta en marcha das mochilas viaxeiras "lecturas en familia", contacontos, obradoiros de manualidades... e con moitas gañas de ler.
Ola rapazada, como xa sabedes, como participantes en todas e cada unha das conmemoracións realizadas, dende o 23 de outubro ata o día 31 celebramos O SAMAÍN con moitas actividades, deixámosvos un vídeo para que as vosas familias poidan desfrutar de todas elas.
CONTACONTOS na nosa biblio por parte dos nenos/as de 3° E.P
Creación dunha maqueta do APARATO DIXESTIVO polos nenos/as de 6°E.P👋
Os nenos/as de 1° e 2° de E.P participaron nun obradoiro creativo, onde elaboraron coa axuda das súas mestras, UN POLBO como celebración das festas de San Froilán. Quedoulles xenial!👌❤❤
INVESTIGACIÓN sobre os seres vivos máis lonxevos do noso planeta realizada polos nenos/as de 6°E.P.👌