martes, 21 de abril de 2026

DÍA DO LIBRO 26

 O xoves, 23 de abril, celebraremos o día do libro cun ROTEIRO LITERARIO en colaboración cos nenos/as de 1º ESO do IES RÍO MIÑO, os cales contarán contos  a todos os nenos/as do cole, en pequenos grupos e adaptados ás distintas idades.

Será unha xornada moi especial tanto para os nenos/as do IES como para nós. Grazas ó profesorado da biblioteca por permitir este encontro.😍😍




EDUCACIÓN VIAL 26

 Hoxe, os nenos/as de 5°e 6° de E.P asistiron ao Parque Infantil de Tráfico (PIT) en Lugo, ubicado no Parque da Milagrosa, onde se formaron en actividades teóricas e prácticas con bicicletas, karts e sinalizacións renovadas (EDUCACIÓN VIAL). Esta formación escolar é unha proposta impulsada polo Concello de Lugo e a DXT. Unha proposta moi interesante e divertida. Grazas