sábado, 26 de diciembre de 2020

NADAL 2020

 Rematou un trimestre diferente pero moi especial, e, como todos os anos,  non íbamos deixar que o noso alumnado se quedase sen celebrar o NADAL.

Deixámosvos todos os traballos realizados. Esperamos que o disfrutedes moito!! 




















E como non, a visita de Papá Noel!!




Para rematar,  dar as grazas a todas as familias e a ANPA do Ceip Otero Pedrayo pola súa colaboración. Desexarvos a tod@s un Nadal cheo de saúde, esperanza e serenidade. 🎅🎄

martes, 15 de diciembre de 2020

OS BOLECHAS: 20 ANIVERSARIO

Como motivo de celebración do 20 ANIVERSARIO DOS BOLECHASéstes propúxeronnos participar no seu programa da TVG presentando os nosos traballos relacionados co proxecto: 

"As viaxes de Rabadín por Europa" 

Os nenos/as que, acolleron con gran ilusión esta proposta fixeron presentacións dos seus traballos e grabacións das súas exposicións. Fixérono realmente xenial.


UN GRAN TRABALLO DE TODOS OS PROFES E ALUMNOS/AS!!



lunes, 14 de diciembre de 2020

CALENDARIO ESTIÑO 20/21

Un curso máis e xa sae á luz o novo calendario ESTIÑO. Este ano está adicado ao RÍO

Ó noso centro tocoulle debuxar o MEXILLÓN DE RÍO e o debuxo elixido foi o dunha nena de 5º de E. Primaria. NORABOA!

Sabedes por que o calendario se chama Estiño? polos anos 70 un grupo de mestres/as das escolas unitarias da provincia de Lugo empezaron a compartir experiencias, recursos e problemáticas sobre a escola no rural. Así naceu en Lugo o Colectivo Pedagóxico Estiño en 1983.

Na actualidade o seu traballo segue vinculado ao estudo dos distintos aspectos da Cultura Galega, polo seu valor e a súa supervivencia.

Os calendarios póñense á venda e o diñeiro recaudado  destínase a financiar proxectos.


NORABOA A TOD@S!!


sábado, 5 de diciembre de 2020

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 O día 3 de decembro conmmemoramos no noso centro "O DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE". Toda a Comunidade Educativa (persoal docente, non docente, nenos/as e por suposto, a colaboración das familias) sumouse á  proposta:

 "TOD@S BAIXO O MESMO PARAUGAS",

 para que a sociedade teña en conta os dereitos e o benestar destas persoas en todos os seus ámbitos e concenciar do mesmo xeito,   da súa situación en todos os aspectos  da vida.

Foi unha xornada de reflexión e concienciación na que intentamos facer ver que a discapacidade forma parte da condición humana, e que tod@s nalgún momento das nosas vidas, a podemos experimentar de forma temporal ou permanente. Por iso con esta celebración, queremos  que se garantice a integración e a igualdade destas persoas.

Deixámosvos un vídeo con traballo realizado.

 


 GRAZAS A TOD@S POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

viernes, 27 de noviembre de 2020

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O día 25 de novembro celebramos no noso centro: 

"O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

Este día conmemora o asasinato das irmáns Mirabal en 1960, coñecidas como "As bolboretas": Patria, Minerva e María Teresa.

Unha xornada adicada á reflexión sobre os distintos tipos de violencia que sofren miles de mulleres de todo o mundo.

Dende a nosa biblioteca, coa proposta da mestra de Relixión e coa axuda e participación de toda a Comunidade Educativa todos os nenos/as de E. Infantil e E. Primaria elaboraron unhas apertas que esperamos, cheguen moi lonxe!


Deixámosvos algúns dos traballos realizados polos nenos/as con moito esforzo e ilusión. 



FOI TODO UN RETO!! 

jueves, 26 de noviembre de 2020

CONCERTO VIRTUAL CON PACO NOGUEIRAS

 Os días 24 e 26 de novembro todos os nenos/as de Ed. Infantil e Ed. Primaria do Ceip Otero Pedrayo disfrutaron dun concerto virtual  de  PACO NOGUEIRAS onde bailaron e cantaron as cancións máis populares dos seus traballos: Brica vai! e Radio bulebule! Pasámolo xenial!

Exemplares que temos,  como non na nosa biblioteca!!

Moitas grazas a editorial Kalandraka!!







sábado, 14 de noviembre de 2020

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA - 20 DE NOVEMBRO 2020

 

O día 20 de novembro é o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA. No noso centro ímolo celebrar realizando entre todos un gran puzzle para concienciar sobre os dereitos dos máis pequenos/as.  









NORABOA!!


domingo, 8 de noviembre de 2020

MAGOSTO - DÍA DO PEÓN 2020

 

 O día 11 de novembro celebramos no noso centro o MAGOSTO  e o día do PEÓN co lema:

 "POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO"

Todos os nenos/as de E.I e E.P do centro elaboraron coa mestra de relixión uns cestiños nos cales degustaron as castañas. Logo bailaron o peón de moitos xeitos e con moita ilusión despois de moito  practicar nas clases de Educación Física.

Grazas polo esforzo!! 

Achegamos vídeos e imaxes do traballo realizado. Ánimo e a seguir traballando. Sodes uns/unhas artistas!!!

MOITO ÁNIMO E A PARTICIPAR!!!

 

 
































                                                       

 
 
NORABOA!! SODES XENIAS!!


domingo, 1 de noviembre de 2020

HALLOWEEN - SAMAÍN 2020


  O venres, día 30 de Outubro celebramos no noso centro, a nivel de aula, HALLOWEEN  e SAMAÍN. Aquí vos deixamos algúns dos traballos realizados polos nenos/as de Educación Infantil e Educación Primaria, coa colaboración de todo o profesorado do centro.


GUÍA DE LECTURAS HALLOWEEN
HISTORIA DE HALLOWEEN


RECURSOS PARA O SAMAÍN E.I/E.P   

Aarón 5º E.P
Infantil 3 anos 




5º E. P
4º E.P

1º E.P

6º E.P

3º E.P







 
2º E.P


6º E.P



 Asemade, o  departamento de Lingua Extranxeira xunto co de Educación Física e coa colaboración de todo o profesorado do centro levaron a cabo a realización dunhas coreografías de halloween con todos os cursos.