martes, 17 de junio de 2025

P.D.I.: OCEANÍA

 Para rematar este curso, publicamos todos os traballos realizados no proxecto OCEANÍA.




viernes, 13 de junio de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

 


DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O día 5 de xuño celebramos o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, con distintas actividades. Os nenos de Educación Infantil coa axuda das súas titoras colocaron unha casiña de paxaros nunha das árbores do centro, asemade, todos os nenos/as de primaria levaron para a casa unha planta que eles mesmos cultivaron, regaron e coidaron dela ata o día de hoxe.



miércoles, 14 de mayo de 2025

LETRAS GALEGAS 2025

 Ola familias! o próximo 20 de MAIO (martes), dentro do programa LECTURA E FAMILIAS, contaremos coa presenza da CAXOTO, unha sesión chea de música, diversión, emocións, aventura e aprendizaxe. ANIMÁDEVOS!!!



O longo da semana das LETRAS GALEGAS todos os nenos/as de Infantil e Primaria decoraron uns estoxos de tela con rotuladores téxtiles.Dita decoración estivo relacionada coas "PANDERETEIRAS DE MENS" , un grupo de mulleres labregas ás que a RAG adica o día das Letras Galegas.




VEXO, VEXO, XACOBEO

 Hoxe, os nenos/as de 4°, 5° e 6° de Ed. Primaria participaron nunha xincana de xogos relacionados co CAMIÑO DE SANTIAGO. Actividade enmarcada no pro
grama VEXO, VEXO XACOBEO.

viernes, 2 de mayo de 2025

DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR 25

 Os nenos/as do CEIP Otero Pedrayo recibiu, do Concello de Rábade, exemplares do xornal El Progreso para traballar nas aulas de Educación Primaria con motivo do Día contra o acoso escolar.👋



jueves, 24 de abril de 2025

DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2025

ROTEIRO LITERARIO POLO DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2025 nos distintos andares do centro e no hall de entrada do mesmo.Grazas polo esforzo e ilusión que mostráchedes!!

BOOKTUBERS (5º E.P)

Os nenos/as de 5º de Primaria, recomendaron distintos contos e  compartiron reseñas dos mesmos a través de varios vídeos.


miércoles, 9 de abril de 2025

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE 25

 O día 7 de abril celebramos o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE coa exposición de FONENDOSCOPIOS realizados polos nenos/as en colaboración coas familias.  OBRADOIRO DE CIENCIA - ACTIVIDADES STEAM.





lunes, 7 de abril de 2025

DONACIÓN DE MATERIAL PARA A BIBLIOTECA ESCOLAR

 A biblioteca do Ceip Otero Pedrayo agradece á Librería Arbelos a donación deste lote de material para o disfrute de todos os nenos/as do centro. GRAZAS!!!💓


 

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO (2/04/25)

 "SOMOS INFINITOS"

Toda a Comunidade Educativa do noso centro únese para concienciar a toda a sociedade de que no hai dúas persoas con autismo iguais e por iso, cada unha precisa uns apoios especializados e adaptados a súa situación e ao seu momento vital.❤❤