viernes, 6 de marzo de 2026

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2026

 Para celebrar o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, no colexio organizamos un OBRADOIRO CREATIVO para elaborar un mural moi especial. O mural mostra a silueta dunha muller co pelo formado por moitos corazóns de papel en 3D.


Cada un dos nosos alumnos realizou o seu propio corazón, ó abrilo, no seu interior desprégase un tulipán. Con este xesto lembramos que todas as persoas somos únicas e valiosas, e que nun mundo con igualdade, respecto e liberdade todas podemos florecer.

Para que a mensaxe sexa aínda máis clara, escolleuse a frase de Rosa Luxemburgo: "Por un mundo onde sexamos: socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres".

Con este traballo queremos celebrar a igualdade e a liberdade de todas as mulleres, poñendo no centro o valor de cada persoa.

Agardamos que vos guste tanto como a eles facelo e Feliz 8 de Marzo a todas!💜💜