martes, 26 de septiembre de 2023
lunes, 12 de junio de 2023
lunes, 5 de junio de 2023
POR QUE TEMOS EMBIGO?
Charla impartida por dúas matronas ós nenos/as de 1º
e 2º de Educación Primaria sobre a concepción do embarazo. Moitas
grazas a ANPA ![]()
![]()
TODO UN ÉXITO!
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 2023
Hoxe, día 5 de xuño, celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente cunha recollida de lixo nos espazos verdes do centro e cun obradoiro de RECICLAXE no que participaron todos os nenos/as de Educación Infantil e Educación Primaria. "SIN CONTAMINACIÓN POR PLÁSTICOS".
👏👏👏👏
jueves, 1 de junio de 2023
EXCURSIÓNS FIN DE CURSO 2023
CAMPING FIEITÁS - O GROVE
Todo o alumnado de 5º de E.P, asistiron os días 23, 24 e 25 de maio o Grove, para realizar distintas actividades:
- Visita ó Acuario
- Visita en barco as Bateas de mexilóns e degustación dos mesmos.
-Camping Fieitás: actividades ó aire libre.
- Os nenos/as de Educación infantil, o día29 de maio, Viaxaron a NEDA, a GRANXA ESCOLA DE BELELLE, onde regresaron cos seus boliños de pan entre outras moitas actividades.
OS MAIOS 2023
O día 31 de maio, celebramos toda a Comunidade Educativa OS MAIOS. Toda a Comunidade Educativa asistiu vestida de branco e con coronas de flores, asemade, colocaron no maio diferentes tipos de flores e plantas silvestres; recitaron e cantaron cantigas dos maios.
lunes, 22 de mayo de 2023
NAVEGANDO CON RUMBO
Hoxe, 18 de maio, os nenos/as de 5° e 6° de E.P asistiron a unha charla para o fomento do uso seguro de Internet. Esta charla inclúese no Programa "Navegando con Rumbo". Unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática en Galicia.
miércoles, 17 de mayo de 2023
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2023
O Xoves, día 11 de maio, pola mañá, Lois Pérez, autor do libro "A GRUTA DA TORRE" visitou os nenos/as de 5º curso de E.P para falar sobre esta obra que tanto lles gustou a tod@s. Ás 16:30, contamos co concerto de César Freiría "ÇE ORQUESTRA PANTASMA" incluído no programa "LECTURA E FAMILIAS" e co cal disfrutamos toda a Comunidade Educativa. Asemade, tamén traballamos o autor homenaxeado nas aulas con distintas actividades: recursos interactivos sobre o escritor, búsqueda de información e investigación sobre a biografía do escritor, as súas obras... Os nenos/as de Educación Infantil organizaron un obradoiro de manualidades sobre instrumentos musicais "A gaita!
jueves, 11 de mayo de 2023
VISITA DO ESCRITOR LOIS PÉREZ
Hoxe os nenos/as de 5° E.P tiveron un encontro con Lois Pérez, o escritor do libro "A GRUTA DA TORRE", unha visita moi especial onde lle preguntaron de primeira man inquedanzas sobre a historia contada neste libro. Moitas grazas Lois!
TOTALMENTE RECOMENDABLE!
.png)


.png)






